Marchar
Mércores, 16 de Febreiro, 2011O alcalde José López Orozco declarou o seu ‘tolo amor por Lugo’ o mesmo día en que o vicesecretario xeral do seu partido expuña limitar por lei o ‘tolo amor á poltrona’ dos presidentes de goberno. A dúbida está en saber cal debería ser o período máximo permitido para ocupar un cargo, evitando así que institución e persoas acaben por confundirse. Para algúns, a vida útil dun político debería ser a dun utilitario, é dicir, deixarlle facer durante catro anos, obrigadas revisións bianuais a partir do sexto, e, cando cumprise dez, empezar a comprar revistas de coches e a visitar algún concesionario coa idea de renovalo.
Mentres, os que cren que exercen con eficacia e paixón o seu traballo, seguramente se compararán coa existencia dunha árbore, que vai gañando cos anos altura de miras, aneis de experiencia e enraizando na terra, e cuxa corta só se decide no momento en que está amortizado o investimento por aqueles que decidiron plantalo.
Eu son dos que cren que aos políticos débeos de xubilar as urnas, como ocorreu nos noventa con Felipe González ou na década pasada con Fraga, aínda que tamén penso que os gobernantes que deixan pouso son aqueles que se dan conta de que deben irse antes de que os boten.