Pachi
Martes, 6 de Novembro, 2012Poida que o PSdeG tivese candidatos máis ‘fashion’ ou con maior porcentaxe de coñecemento entre o electorado -algúns, segundo as enquisas, polas súas quedadas en gasolineiras-, aínda que seguramente pouco voto máis lle poderían ter dado a un partido que desde 2009 non soubo reconducir nin o seu discurso ideolóxico nin a súa imaxe como alternativa de goberno. Outros con máis tirón na nómina de analistas, como Patxi López ou Basagoti, tamén asinaron un desastre electoral (-9 e -3 deputados, respectivamente), pero a súa continuidade non foi cuestionada.
Pero como a culpa de todo o malo que lle ocorreu á esquerda galega o 21-O lévana a partes iguais Pachi Vázquez e Beiras (Jorquera dixit), ao do Carballiño parece que non lle queda outra que encarar a porta de saída, aínda que sexa só para que algúns apunten un cadáver máis no seu caderno.