A Arxentina
Mércores, 18 de Abril, 2012Dez anos despois de vivir unha crise difícil de imaxinar nun país con tantos recursos e que supuxo a venda das xoias da república e a saída do país dos mozos mellor preparados, A Arxentina da era Kirchner quere recuperar o seu status con métodos pouco ortodoxos para o sistema económico mundial, como a nacionalización da petroleira YPF, propiedade da española Repsol.
A medida indignou ao Goberno de Rajoy, que dá por roto o clima de «cordialidade e amizade» e anuncia «represalias», aínda que non sabemos se consistirán nun embargo á importación de doce de leite, a expulsión da Asociación de Academias da Lingua, a clausura dos gabinetes de psicoloxía ou o secuestro de Messi e os seus balóns de ouro. Boludos.