Q.E.P.D.
Mércores, 24 de Setembro, 2014Tanta paz leves como paz deixas. Esta despedida, que segundo Mariló mesmo firmaría Q.D.E.P., é o mellor que se lle pode desexar ao dimisionario ministro de Justicia, que logo de ver abortado o seu proxecto de ley estrela por obra e graza da demoscopia, non lle quedou outra que facer mutis e deixar unha carreira política na que leva case desde que estoxou o chupete.
Alberto Ruiz-Gallardón marcha desautorizado polos seus, eses mesmos que logo de pedirlle que sacara a máscara de alcalde ‘pijiprogre’ para aplicar como ministro a dou-trina católica lle dan agora a patada no cú ao ver que a rúa non está para bicar santos. Porque a reforma da lei do aborto acabou por atragantárselle a un partido que só mirou cara un lado nun tema que entra nas decisións personais e nos dereitos individuais, e que se viu obrigado a rectificar a última hora, cando viu que a pouco máis dun ano das eleccións a súa versión ultra restaba máis que sumaba.
Malia todo, a Ruiz-Gallardón quedaralle a satisfacción de poder gabarse diante dos seus correlixionarios de telo tentado, o que lle pode reportar mesmo unha beatificación exprés cando lle chegue o momento. Entrementres, seguramente non terá por que recuperar a praza de fiscal en excedencia, porque a porta xiratoria se cadra lle ten reservado un posto nun consello de administración dalgunha empresa agradecida.