Medo escénico
Mércores, 11 de Abril, 2012O medo escénico que popularizaron primeiro García Márquez, para definir o seu pánico ante o atril, e logo Jorge Valdano, para demostrar que o factor campo existe á hora de atenazar ao rival, tamén valería para describir a actitude do noso presidente do Goberno á hora de enfrontarse á opinión pública. Todos sabemos que a oratoria non é o forte de Rajoy, eo máis esa imaxe de paisano que nunca nos vendería unha lavadora rota e co que pecharíamos un negocio cun apertón de mans. Pero aínda que ao líder dun país non se lle pide comparecencia diaria ante os xornalistas, polo menos unha explicación por ter aplicado as medidas económicas máis duras da democracia si que nos debe. Os expertos en comunicación política explican que un tema álxido pode converterse para un goberno nun problema e que, se non se afronta a tempo, pasa a ser unha crise e logo un escándalo ou unha urxencia nacional. Para evitar estes escenarios plantexa realizar un control de danos e, sobre todo, comunicar ben, porque os medios queren coñecer as causas e aos culpables do que está ameazando á sociedade.
Nada diso atopamos por agora nesta platea chamada España, na que os ministros espontáneos tratan de manter a tensión escénica pola ausencia do actor principal e onde ninguén se desexa moita merda, quizá porque diso xa imos sobrados.
Nada diso atopamos por agora nesta platea chamada España, na que os ministros espontáneos tratan de manter a tensión escénica pola ausencia do actor principal e onde ninguén se desexa moita merda, quizá porque diso xa imos sobrados.