Salvados
Venres, 14 de Novembro, 2008Salvados por Quintana; é o que pensa o PP de Lugo sobre a trunfo de José López Orozco e o seu equipo de goberno na cuestión de confianza votada o luns. Porque non se entende un cambio de postura do BNG nunha semana sobre un proxecto orzamentario municipal ao que non se lle cambiou nin unha coma, como apostila o popular Joaquín García Díez.
A negociación entre bambalinas parece que funciona mellor que a escenificada con luz e taquígrafos e xa se augura un cambio de talante entre o alcalde e os dirixentes nacionalistas da Xunta, que podería oficializarse coa entrada do Concello de Lugo no antes denostado Consorcio de Servizos Sociais.
Pero se hai que sacar conclusións da minicrisis que viviu a vida municipal lucense habería que destacar primeiro o golpe de efecto logrado por López Orozco cara ao seu partido e o resto de alcaldes socialistas que se senten incómodos cogobernando con edís nacionalistas. Claro que abusar da fórmula da cuestión de confianza podería provocar que un día a escopeta se volva contra o cazador. Ao PP tampouco lle foi mal, pois a pesar das dúbidas iniciais sobre a posición a adoptar acabou afianzando o seu papel de alternativa a Orozco. E sobre o BNG de Lugo, pois como favor, habería que facer como os seus catro edís, absterse… de facer comentarios.