Posts etiquetados ‘fútbol’

A labazadas

Xoves, 5 de Marzo, 2015
A aceptación que hai na sociedade coas imaxes de agresións e trifulcas nos eventos deportivos demostran o pouco interese por previr que as xeracións futuras sexan intolerantes, sobre todo porque esas estrelas que nos venden como triunfadores son para os mozos iconas as que buscan emular.
Logo da morte dun ultra do Deportivo en Madrid a mans doutros descerebrados, os responsables do millonario negocio do fútbol déronse conta de que eran eles os que tiñan nas súas mans evitar en grande medida este tipo de incidentes, impedíndolles a entrada aos campos aos afeccionados máis agresivos e prohibindo insultos a xogadores e público. Houbo diversas reaccións, pero foi curioso que algúns futbolistas xustificasen como lóxicas as agresións en quente, alegando que quedaban no campo, malia que miles de persoas seguen os partidos.
Hai uns días, nunha cancha de baloncesto, volveuse ver un xogador provocando unha trifulca logo de pegarlle un puñazo a un rival que o empurrou. Na pelexa, á que se uniron os banquiños, levaron por diante un cativo que estaba sentado nas primeiras filas, as mesmas onde se sitúan tamén as persoas en cadeiras de rodas. O energúmeno disculpouse despois co neno, que, aínda asustado, seguro que pensou que, visto aquel espectáculo, o mellor que pode facer para resolver as diferencias cos seus compañeiros é repartir labazadas.

Adiós, Mou

Xoves, 23 de Maio, 2013

La noticia del momento no es el escandaloso dato del paro, la permisividad con el déficit público de Cataluña o el último correo electrónico filtrado del duque… em Palma… do, lo que de verdad ha despertado más interés en nuestra insondable opinión pública es la marcha del hombre cuyas declaraciones llenaron en los últimos años más páginas de periódicos y ocuparon más tiempo en radio y televisión. Se va Mourinho dejándo huérfana a parte de una afición madridista a la que se ganó con el discurso de confrontación con el antagonista, a una prensa a la que menospreció por no seguirle el paso y también a quienes, sin tenerle aprecio, nos sorprendimos de sus dotes para la interpretación en un país demasiado acostumbrado a que los secundarios copen portadas. Porque si hay que reconocerle algo a Mou, además de los títulos logrados en estos tres años frente a uno de los mejores equipos de todos los tiempos, es su capacidad para mantener la tensión escénica con sus palabras, sus gestos, sus silencios o con ese recurso usado por los actores de pensar en el siguiente acto mientras se pronuncia una frase.

Nos deja un protagonista que hizo tambalear los cimientos de un club que se cree el más grande y cuya marcha devolverá la actualidad deportiva e informativa a esa insulsa sucesión de tópicos pre y postpartido. Tanta paz dejará que hasta el fútbol puede que vuelva a ser fútbol, como decía Vujadin Boskov.

O que se oe

Xoves, 19 de Maio, 2011
Non paro de escoitar e, por suposto de meter baza, nas discusións acendidas que sobre fútbol e política me atopo a cada volta de esquina. Son os únicos temas sobre os que todo fillo de veciño está capacitado para falar e sobre os que un se pode atopar o razoamento máis traballado onde menos o espera. Alguén dixo unha vez que en España había tantos seleccionadores nacionais de fútbol como habitantes e eu engadiría que hai outros tantos analistas políticos. E precisamente que agora Barça e Madrid aprazaron os seus combates ata a próxima tempada, nese parlamento multiétnico que son as barras dos bares, o que máis abunda nos últimos días son proxeccións demoscópicas e voluntarios para interpretalas.
Quítanse e póñense alcaldes ao mesmo ritmo que días antes se substituían adestradores ou se fichaban ‘cracks’, nunha especie de poxa propia dunha web de apostas.
É o efecto de ter as cidades invadidas de cartelería con amables caras de candidatos e eslóganes máis ou menos acertados. Os políticos viven os seus quince días de gloria e por iso están máis que nunca en boca do cidadán, aínda que pasada a resaca electoral, a política volverá á súa contorna natural: salóns de plenos, hemiciclos… e xulgados.

Siareiros

Mércores, 12 de Maio, 2010
Comparto cos ollos pechados unha frase pronunciada nunha recente entrevista por José Manuel Díaz Grandío, edil de deportes lucense, cando preguntado sobre as súas cores afirmaba non ser nunca fan de nada e sentir envexa dos quen se axitan desde a bancada co seu equipo.
Porque ben por culpa do código deontolóxico da nosa profesión, que ufanamente invítanos a ser obxectivos, ben porque non atopemos nada polo que mereza a pena mollarse os pés, algúns pasamos a nosa existencia evitando a euforia ou a decepción da que si gozan os que se enfundan un escudo, bandeira ou bitola. Claro que fronte á nosa tropa de agnósticos e non aliñados aparecen profesionais de novo cuño que ou proclaman sentirse orgullosos de ser de dereitas ou sentan a debater cun guión debaixo do brazo no que hoxe enfrontan un parecer que mañá mudan sen rubor.
Eu recoñezo en todo caso unha certa tendencia nos últimos tempos á claudicación no meu inmovilismo, provocada por uns rapaces aos que lles deu por practicar o mellor fútbol que xamais vira ata agora. O vindeiro domingo xóganse o título da Liga, aínda que se o perden seguro que a pena non me durará máis dun milisegundo.