Posts etiquetados ‘encoro’

Empantanados

Venres, 30 de Abril, 2010
Agora que en España cuéstionase se se fixo unha verdadeira transición cara á democracia, en Galicia volve aparecer unha das pantasmas do franquismo das que menos se falou pero que tamén arroxou a moitas familias ao exilio e o desarraigamento. O plan hidrolóxico nacional cuxas concesións repartiron os tecnócratas do réxime entre os empresarios adeptos deixou sen fogar a moitas familias galegas que nin sequera podían alzar a voz a risco de acabar cos ósos no cárcere por antipatriotas.
Agora esas mesmas empresas, convertidas en multinacionais enerxéticas, manteñen os seus privilexios amparadas nunha lexislación anterior á vixente Lei da Auga de 1985 e baleiran ao seu antollo os encoros para facer ampliacións ou rescatan concesións esquecidas como a do chamado Gran Suarna, que durante décadas tivo en tensión a toda a montaña lucense.
Os veciños da zona que resistiron ao despoboamento do rural e que defenden unha forma de vida á beira dun río que nunca se mostrou hostil prepáranse agora para unha nova batalla na que defenderán as súas terras, as súas casas e tamén a súa identidade fronte a quen amparándose en vellas prevendas trata de asolagar a esperanza dun pobo que xa cría superado o medo ao realoxo forzoso.