Visita papal
Mércores, 3 de Novembro, 2010Non creo que vaia o sábado a Santiago e iso que un acontecemento histórico como a visita dun Papa ben merece ser visto para ser contado despois aos netos. O que ocorre é que a Bieito XVI xa tiven a oportunidade de velo en directo fai catro anos en Roma, ao coincidir a súa aparición pública semanal coa miña visita aos museos vaticanos, e como me ocorre con algunhas películas, non teño moito interese en repetir visionado.
O problema é que me poño a botar contas e dáme cargo de conciencia non aproveitar o investimento que a Xunta asegura que vai facer a conta da visita papal de oito horas á cidade do Apóstolo, que sairá por uns 6.250 euros ao minuto. Claro que tampouco o fixen con Bruce Springsteen o verán pasado e logo eviteime o chasco de quedarme na porta pola mala organización.
Iso si, parece probable que agora non se repetirá o caos, pois no operativo colabora o Vaticano, que ao longo de dous milenios deixou probado a súa man dereita na condución de masas, e a igrexa española, que xa ten callo na preparación de marchas de protesta polas rúas madrileñas. En todo caso, a TVG anuncia un despregamento para seguir os actos. Só teño que asegurarme se a bendición televisiva ten o mesmo efecto.