Gañas de festa
Domingo, 28 de Xuño, 2009O Arde Lucus MMIX voltou a ser un exitazo que da idea das gañas de festa que teñen os lugueses logo dun inverno de nevaradas e crise. A mobilización popular está a desbordar as previsións e xa hai quen pensa que o acontecemento ata merece un día festivo local. O Entroido, por moi tradicional que fose no seu día, está a perder tirón fronte á festa romana, que é o auténtico Carnaval de verán para Lugo. Señores do Concello, vaiano valorando; os tempos e os costumes mudan e se vostedes foron quen de idear e impulsar esta gran idea, aposten por ela.
En canto ao espectáculo do circo, non estaría mal ir mudando o guión ou a compañía, que se repite ano tras ano. O cheo está asegurado, pero aínda así apetece ver algo novo.