De que vai isto

Buscando un día cuns amigos ilusionistas unha palabra máxica para incluir como título dun programa de televisión véuseme á cabeza unha expresión latina que usaban os sobriños do Pato Donald para levantar o ánimo. ‘Sursum corda’ –arriba os corazóns- ou sursuncorda quixo ser ao final o título desta crónica aberta desde a cidade amurallada de Lugo que quero compartir a diario, ou cando haxa disponible unha conexión á web, con todos os ciberlectores e tamén cos dos xornais El Progreso e LV. De Luns a Venres, a través das seccións De re varia e O Soliloquio. A miña primeira incursión no ciberespacio a fixen no ano 2000, cando aínda non estaban de moda os blogs, co Esquinazo Web, onde colgaba una crónica humorística que elaborabamos o xenial debuxante Santy Gutiérrez mais eu. Malia que ata recibiamos mensaxes de todo o mundo, outros proxectos xornalísticos e seccións acabaron por dar carpetazo ao Esquinazo, deixando tamén orfo ao seu espazo en internet. O novo escenario que supón para os xornalistas competir na rede cos cidadáns con conciencia crítica, fíxonos a todos dar un paso máis para deixar a nosa pegada máis aló do papel, abrindo bitácoras nas que o único protagonismo debe de ser a actualidade. Esperemos que este sea o rumbo atinado; e como diría un veterán navegante, boa singladura, compañeiros.