Poderán?
Esta columna debería ir dedicada á opción política con maior seguemento nas últimas eleccións, e non falo do partido de Rajoy, senón da silenciosa maioría que decidiu non achegarse ao seu colexio por preguiza, desinterese, fartura ou, simplemente, porque non lle cadrou. Pero como seguramente os que non foron votar tampouco se pararían a ler opinións sobre política, cáseque mellor falar da opción que irromeiu no panorama cunha forza que só se pode atribuir ao intento dos seus promotores de non atarse a ningún lobby de poder e que aproveitou o marasmo das redes sociales para explicar dun xeito sinxelo e claro que se está a facer mal e como se pode cambiar ese vergoñento dato do Ine de que o 27% da poboación española está en risco de pobreza.
Podemos e a súa imaxe visible Pablo Iglesias están a administrar nestes primeiros días o seu éxito electoral con entrevistas nos medios de comunicación, malia que poden estar seguros os seus descoñecidos integrantes de que á volta da esquina se van a atopar cun zafarrancho de combate desas castes políticas, como eles as definen, que non van permitir que a súa sonora irrupción en escea se traduza nun crecemento capaz de convertilos en alternativa de goberno. Hai moitos intereses en xogo, bancarios, empresariais, mediáticos… e por moito ruído que fagan vai ser difícil un cambio nas políticas económicas e sociais que marcan o FMI, Wall Street, Merkel… ¿Ou non?
Tags: Eleccions, europeas, Pablo Iglesias, Podemos
29 de Maio , 2014 - 1:04 am
O podre “cheira” e está tan podre que non se aprobeita nadiña. Haí que reponer con producto novo, con recendo de frescura. Xovenes limpos de corruptelas, que saben as dificultades da xente. O velos camiñar polas beirarúas cara a Praza Reina Sofia, despois de saber os resultados, deume un !!non sei qué ….. .Confio nesta xenta. O díficil vaí ser encontrar estercoleiro para os que estan.
30 de Maio , 2014 - 18:26 pm
O problema non está tanto no poderán, como neses intereses en xogo, mediáticos, bancarios, empresariais, e de sillóns con pegamento que impiden que os que están, o deixen. Tanto é así, que a carga de estupideces incontrolables, os máis duros ataques a unha formación política, estáse dando dende o día do fracaso electoral do PPSOE nas europeas. Pero imos deixarlles a eses da casta e da caspa, co seu srgumentario, e ataques democtratófobos. O problema vexocho máis en proscenio e nos camerinos. As perchas que van quedando xa valeiras nas entradas das sedes dalgún partido amosan que a xente vai fuxindo dun lugar onde non ven futuro… e vanse ir arrimando a eses que aínda poden, porque aínda teñen futuro. Unha estratexia que si non están ó loro e vixiantes, pouco futuro lles van deixar, porque os arribistas e oportunistas sabense tódolos trucos para medraren dentro dos partidos, e asiña ponerse ña cabeza. Isa é a nube que pode tapar o sol do 15M, e realmente o que me preocupa. (Xohan Rompe).