Arrepentirse
Nin George Bush nin Aznar se arrepinten de ter ordeado un e aplaudido o outro a invasión de Iraq, un conflicto que se calcula ten causado cando se cumpren cinco anos do inicio da guerra preto de un millón de mortos e centos de miles de desprazados. O presidente estadounidense arrincouse con motivo da efeméride cun discurso no que recoñecía o custe que ten provocado a súa iniciativa de liberar a un país dun sátrapa, e no que confiaba en que aínda se podería gañar a contienda. Claro que moitos patriotas americanos seguro que recordan ter celebrado a anuncio do fin da guerra que fixera Bush desde o portavións Abraham Lincoln uns meses despois do inicio; daquela pensarían que o seu gran país era capaz de conquistar o que se lle puxese por diante, logo do paseo militar ata Bagdad. Cinco anos despois o pesadelo, como aquel que viviron a finais dos anos 60 en Vietnam, voltou a repetirse e mesmo os veteráns están a movilizarse para denunciar crimes de guerra e pedir a volta á casa das tropas. Non sabemos se entre eles estará o xefe do tanque que ordeou disparar contra o hotel Palestina, asasinando a dous cámaras de televisión, un deles o ferrolán con raíces lucenses José Couso. Un día antes tamén caera vítima dun bombardeo o xornalista Julio Anguita Parrado. O caso é de daquela estas dúas mortes espolearon á poboación en España, que apoiaba con militares e subministros ao contixente liderado por Estados Unidos, e lanzáronse ás rúas a pedir o fin da guerra e o esclarecemento da morte de Couso. Mesmo en Lugo tamén se viviron concurridas manifestacións, nas que ata chegou a participar o anterior bispo, e nas que quedou demostrado non só a repulsa cidadán fronte á guerra en si senón tamén contra a mentira que supuxo unha invasión baseada nunhas armas de destrución masiva que nunca existiron. Cinco anos despois daquelas movilizacións hai quen tamén declara sen ningún tipo de remordementos que voltarían a actuar do mesmo xeito, e non son precisamente os membros do absurdo trío das Azores, senón esos centos de miles de persoas que desde o primeiro bombardeo condenaron unha acción bélica que tanta dor e desolación causou no pobo iraquí en nas familias dos militares e traballadores estranxeiros falecidos nestes anos. Mentres tanto, a eses que se gaban de non arrepentirse dos seus erros habería que recordarlles que cando un se lava as máns está ao mesmo tempo ensuciando a súa conciencia.
25 de Marzo , 2008 - 0:00 am
Estimado Xoan,viendo tu fotografia se adivina que a tu mirada serena se une la sonrisa de la sinceridad.El impetu de la juventud enmarca tu expresion.
Merece la pena leerte aunque en esta ocasion creo que te limitas a ver tan solo lo que levemente flota en la superficie de esta noticia que glosas.
El cien por cien de los paises modernos democraticos y avanzados,como creemos que es el nuestro,dependen en un grado esencial de las vicisitudes de otros y de lo que hagan sus gobernantes.Algunos estados,por suerte o desgracia para ellos,tienen una infinita responsabilidad en la vida de miles de millones de ciudadanos y es fundamental que ofrezcan y den una imagen de seriedad y fiabilidad.Armas ilegales secretas,acciones y actitudes agresivas contra sus vecinos asi como transacciones oscuras y otras formas peligrosas de convivencia producen una gran incertidumbre ante quienes tenemos el futuro INMEDIATO a su alvedrio.Es inevitable ponderar en su justa medida las acciones de aquellos de quienes somos dependientes y actuar en consecuencia.
Lo aventurado e impredecible debe ser controlado muy seriamente de lo contrario nuestro ser o no ser esta en el aire.
10 de Maio , 2011 - 14:48 pm
I ethical book marked your blog on Digg and StumbleUpon.I dig reading your commentaries.
15 de Maio , 2011 - 17:01 pm
I have read several good stuff here. Definitely worth bookmarking for revisiting. I surprise how much effort you put to create such a magnificent informative site.
3 de Xullo , 2011 - 15:50 pm
Most I can express is, I am not sure what to comment! Except certainly, for the excellent tips that happen to be shared with this blog. I could think of a million fun strategies to read the posts on this site. I believe I will eventually make a move employing your tips on those things I could never have been able to handle alone. You had been so considerate to permit me to be one of those to benefit from your valuable information. Please see how a great deal I am thankful.
4 de Xullo , 2011 - 10:26 am
Hello, i think that i saw you visited my weblog so i came to return the favor?I am trying to find things to improve my site!I suppose its ok to use a few of your ideas!!
1 de Setembro , 2011 - 7:20 am
^ a b Historic Carpet Cleaning Methods in the Nineteenth and Twentieth Centuries