Novos aires no Museo de Lugo

A liberada ampliación do Museo de Lugo estrease cun artista de luxo, Miquel Barceló. Por moi untado que lle pareza a Rajoy, poder contemplar en Lugo obra dun artista de renome como o mallorquín non resulta moi doado e se ademais serve para darlle vida a unha sala que xa a perdera pouco despois da súa inauguración como galería exclusiva da colección de Nelson Zumel, pois moito mellor. E que non lle pareza mal ao pintor ourensán, que merece todo o respecto e agradecemento do pobo de Lugo pola súa desinteresada cesión durante os últimos anos, o que ocorre é que un museo debe ser un lugar para amosar pezas de verdadeiro valor para a historia da cidade ou a provincia á que representa e tamén para impulsar aos novos artistas e atraer aos que están de actualidade. Ningún destes principios estaba a cumplir a custosa ampliación do convento de San Francisco; esperemos que a exposición de Barceló abra a espicha dun torrente de arte por descubrir para lugueses e visitantes. Noraboa a quen corresponda.

2 Comentarios a “Novos aires no Museo de Lugo”

  1. zespół muzyczny Oleśnica

    Real journalist work and helpful summary. It’s amazing how good quality info can be found in the dark alleys of the internet ;) .

  2. Matthew Huish

    I would like to say thanks a lot for time that you have taken in creating this blog post.