En Cuba non se aposta

Se as xa famosas empresas de apostas tivesen un apartado adicado a saber quen ía ser o novo presidente cubano seguro que calquera nome pertencente á xeración que non loitou contra Batista ía ser ben pagado. Pero como queira que a Revolución segue a subsistir amparada nos seus mitos, Raúl Castro, o irmancísimo, foi quen de asumir un cargo no que contará en todo momento co consello de Fidel á hora de tomar as grandes decisións. As perspectivas de democratización deste país semellan logo que van seguir estancadas mentres esa xeración liderada por Fidel non decida dar o relevo, aínda que si é previsible unha apertura cara á economía de mercado seguindo o modelo chinés ou vietnamita, para o que podería contar coa axuda dos novos gobernos socialistas americanos e incluso dun levantamento do embargo por parte de EE.UU. A lo menos isto é o que esperan moitos dos cubanos que están a sofrir desde hai décadas unhas penurias que tratan de superar con ese espíritu sempre cordial dos caribeños. Eso sí, da esperada noticia que se deu a coñecer o domingo só nos ten que alegrar que de novo outro fillo de galego sexa presidente cubano, aínda que o que máis nos gustaría é que Raúl Castro liberase aos presos políticos na isla e dese un paso adiante para conseguir que o seu pobo decida sen ataduras o seu destino. Claro que se facemos un estudio de probabilidades, apostar por iso sería tamén tirar os cartos.

3 Comentarios a “En Cuba non se aposta”

  1. Taylor Wicher

    unbelievable. keep it up dude!

  2. Wireless TV Headphones

    certainly like your web-site but you have to check the spelling on quite a few of your posts. Many of them are rife with spelling problems and I find it very bothersome to tell the truth nevertheless I’ll definitely come back again.

  3. Chi Garrard

    Many thanks for taking time to write this write-up. It’s been incredibly valuable. It could not have come at a greater time for me!