Auga que has de beber…

…deixaa correr, di o refrán, aínda que no caso do líquido que sae pola billa na cidade de Lugo o mellor que se pode facer agora é non malgastala, pero tampouco atreverse a consumila. E non porque estea en cuestión a súa potabilidade, o problema e que logo dos múltiples procesos químicos que pasa para conseguir que sexa apta para o consumo humano o líquido elemento perde a súa condición de insípido e inodoro para transformarse en auga de piscina. Agora o presidente da Confederación Hidrográfica do Norte promételles aos lugueses que cando estea rematada a nova potabilizadora a auga de Lugo vai competir en calidade coa embotellada, claro que non sabemos se con aquela marca que hai anos se adicaba a comercializar a que saía polo grifo dos londinenses ou coas que a recollen en manaciais exentos de contaminación. Porque que saibamos, en Lugo o Miño vai seguir sendo o surtidor e calquera que se dea un paseo polas súas beiras pode comprobar que o saneamento do río está moi lonxe de estar rematado. Eu creo que os señor Marquínez só tentaba gastar unha broma aos lugueses antes de ceder o testigo ao futuro presidente da Confederación do Miño (cremos que Liñares, pero nisto da política nunca se sabe). Eso sí, chegado o momento poderíase organizar unha cata oficial de augas para comprobar se os augurios se cumpren.

3 Comentarios a “Auga que has de beber…”

  1. xbp

    ¿Cómo sigamos, con esta sequia no norte?, nonche sei, nonche sei, si lles teremos que solicitalos políticos, que fagan o trásvase Turia- Miño. Coñezo un lugar denominado ” As pinganexas” e xa non pingan nada. Agora indo o tema de Lugo cidade, vexó nos últimos anos que chove pouco, e cando o faí é de tormenta, có cal sobe moito o cauce do Rio Miño de repente ( o estar as ribeiras secas acumulase moita basura), polo que é arrastrada ata o embalse do que se sirve a cidade. -O seo sabor, ata ás veces o notas nos bares que “bautizan” o viño-, por iso moitos taberneiros nos queixamos, o Concello do sabor da auga. Faí tempo coñecin ún que se desprazaba o Pedregal de Irimia, – oe notaselle moito no “buquet”, algún pensaba, que traia o viño de Amandi,¿ e que me perdoen os de Amandi? si se sinten ofendidos, polo do viño, non, polo da auga.

  2. Alfredo Rowls

    One other issue is that if you are in a circumstances where you would not have a co-signer then you may want to try to make use of all of your federal funding options. You could find many awards and other scholarships that will offer you money to support with classes expenses. Thx for the post.

  3. bims

    .) When I originally commented I clicked the -Notify me when new comments are added- checkbox and now each time a comment is added I get four emails with the same comment. Is there any way you can remove me from that service? Thanks!