Debates presidenciais
Pode que os debates públicos non sexan o mellor xeito de calibrar a valía dun candidato, porque ser bon orador non implica ser un bon xestor, pero se a tradición política que herdamos dos gregos e romanos dictaba que os máis lúcidos na ágora ou no foro estaban chamados a ser líderes, na actualidade a valía dun candidato a presidente do Goberno hai que demostrala tamén cara a cara co rival. Claro que non todas as democracias teñen asumido aínda a importancia destas citas e por iso desde o ano 1993 non vemos en España un debate televisado entre os líderes das principais forzas políticas. Pero esta seca podería rematar o vindeiro 25 de febreiro, cando Zapatero e Rajoy comparezan diante das cámaras de TVE convocados pola Academía de Televisión. Aínda que a negociación non está pechada, semella difícil unha volta atrás, sobre todo tendo en conta a igualdade de forzas entre PSOE e PP que as enquisas din que hai. Eso sí, haberá pechar moitos flecos antes, aínda que seguramente non tantos coma os que rixen os protocolos de debates entre candidatos á presidencia dos EE.UU. A entidade que os xestiona fai subscribir un contrato aos contendentes de máis de 30 folios, pero claro, despois de tantas décadas de one on one teñen claro que non hai que deixar un resquicio para xustificar unha volta atrás. Mentres, aquí aínda andamos en cuieros en canto a debates electorais.
19 de Febreiro , 2008 - 0:00 am
Estibemos Pepiño da Sagrario máis eo, vendo a Mariano, que non fala en galego – pero a retranca tencha-as preguntas fanllas, el contesta o que trae aprendido, e punto. -Vivenda, mire sr. Rajoy soy un joven que quiero adquirir una vivienda, pero me cuesta 300000 euros y para afrontarla tendria que ganar 3500 euros al mes. Respuesta sr. Rajoy, hemos incorporado en nuestro programa un plan de desgrabación de vivienda, a todas aquellas personas que no lleguén a los 16000 euros al año en el IRPF. Todo un campeón este Rajoy. Eo non seí nadiña de números, pero vendos asi dende lonxe, a este mozo acabaralle de pagar o piso, o seo vizneto. O pobo temos gaves problemas e un diles é este da vivenda. Compras imposibles, e alugueres astronómicos. Si a Constitución di que os entes públicos deben tratar de facilitar unha vivenda digna os cidadáns, estas non son as formas para que se cumpla este fin Constitucional, a resposta tamén a daba Pepiño da Sagrario, que nesto de falar e non decir nada, é moi habíl, cómo Rajoy
5 de Maio , 2011 - 19:42 pm
I’ve study several with the content articles on your site now, and I actually like your style of blogging. I added it to my favorites blog web site listing and will be checking back quickly. Make sure you take a look at my internet site as well and allow me know what you believe.
13 de Maio , 2011 - 22:43 pm
Hello! This is my first visit to your blog! We are a group of volunteers and starting a new project in a community in the same niche. Your blog provided us valuable information to work on. You have done a wonderful job!
7 de Marzo , 2012 - 4:42 am
Excellent website, thanks “cigar aficionado forum“