O fenómeno Baltar
Se nunha Deputación cuxa presidencia pasou de pai a fillo ninguén se decidiu ata agora a investigar irregularidades é porque non había vontade de facelo. Con todo, dous anos despois de terse presentado unha denuncia contra o expresidente ourensano José Luís Baltar, a Fiscalía primeiro e un xuíz despois admitiron a trámite unha querella por un presunto delito continuado de prevaricación nas contratacións de persoal do ente provincial, o que podería convertelo no primeiro caso de nepotismo continuado nunha institución pública.
O asalto xudicial ao bastión dos Baltar limítase á actuación do pai durante un periodo concreto, aínda que a ninguén se lle escapa que se alguén ocupou un cargo durante 20 anos o normal é que usase o mesmo sistema selección de persoal durante todo o periodo. Os mandatos prolongados son un caldo de cultivo para este tipo de políticas, ás que non son alleas nin as forzas de dereita nin de esquerda, que tamén se ven obrigadas a buscar acomodo aos seus nas institucións como sistema de gratificación dos servizos prestados.
Deputacións e concellos están sementados de persoal colocado a dedo e por moito que se queira colocar agora a Baltar no disparadeiro os partidos son os grandes responsables desta situación. O cacique de Ourense só era o fenómeno na súa máxima expresión.
Tags: Baltar, Deputación, nepotismo, Ourense
11 de Xaneiro , 2013 - 15:44 pm
Non ten mais que ver que ademais lle están “agradecidos”por pedir a baixa no Partido.
Eu penso que se non se cambia a Ley electoral, levamos unha mala deriva, acabo de ler ó asunto de Güemes, que non digo que non sexa legal, pero moralmente cheira a leguas a trafico de influenzas cando menos.
! É o que hay, pobre país!
15 de Xaneiro , 2013 - 18:09 pm
O de Baltar e prevaricación. É dos malos. O de Méndez ferrín e amor paternofilial. É dos bos.
16 de Xaneiro , 2013 - 16:43 pm
Hay comparacións completamente asimétricas
18 de Xaneiro , 2013 - 23:35 pm
Bueno Tiogilito, ya puestos en el y tu más, ¿que opina de lo de Bárcenas?