Un hospital en obras
Logo de participar nas xornadas organizadas ata onte pola Asociación da Prensa a moitos quedounos claro que as informacións relacionadas coa saúde son cada vez máis importantes para a poboación e se cadra por iso os medios de comunicación lle están a adicar máis espacio. En Lugo, á marxe das cifras sobre as listas de espera e as saturacións en Urxencias do Xeral en determinados días, a noticia sanitaria de primeiro orde está a ser a visualización desde varias partes da cidade do novo hospital, proxectado xa na década pasada e que logo de acumular retrasos nos aseguran que vai estar rematado a principios de 2009. Entrementres, a curiosidade cidadá e, seguramente, o feito de ter ás portas unha cita electoral levou ás autoridades sanitarias a organizar visitas guiadas ao monte de San Cibrao para ver cómo estaba a quedar o que está chamado a ser un moderno hospital e tamén a principal ‘industria’ da cidade, a lo menos en número de traballadores e clientes. Na primeira xornada foron moitos os lugueses que se achegaron interesados non só por descubrir qué se ten feito logo de tantos de anos e tamén para coñecer en detalle o lugar no que posiblemente máis dunha vez nas súas vidas van ter que ser atendidos. Porque ao cidadán por moito que lle digan que se están a cumplir prazos dunha obra ou que ésta se adapta ás características de comodidade e modernidade, ata que non o comproba in situ non acaba de dar o seu prace.
O lóxico sería pensar que ante a cercanía das eleccións xerais este tipo de visitas sufran un parón, aínda que é de esperar que a Administración as manteña logo do 9-M, posto que aínda que estará todo ben deseñado para evitar problemas de funcionalidade, as opinións dos distintos sectores implicados, tanto do persoal sanitario ou dos usuarios, poden contribuir a aportar ideas para os que poidan xurdir.
Haberá eso si que esperar se cadra ata máis dun ano para poder ver a pleno rendemento este novo hospital que, ademais de centro de atención médica, debería ser un lugar accesible, cómodo e humanizado, pois se algunha función máis que a da propia asistencia de doentes debe ter un centro sanitario está a de ofrecer un trato digno e esperanza de mellorar a quen sofre. Claro que ese capítulo non hai orzamento que o contemple nin orde institucional que o consiga implantar, pois iso corre por conta duns profesionais que tamén merecen o respecto de pacientes e familiares. Sobre estes cimentos se deberían construir tamén os hospitais e esperemos que no futuro o de Lugo agoche algo así por dentro da súa colorista fachada.
1 de Maio , 2011 - 7:47 am
Thanks for revealing your ideas. Another thing is that individuals have a solution between government student loan plus a private education loan where its easier to opt for student loan debt consolidation loan than through the federal education loan.
5 de Maio , 2011 - 6:37 am
Thanks for the concepts you have shared here. Additionally, I believe usually there are some factors which will keep your auto insurance premium decrease. One is, to consider buying cars and trucks that are from the good list of car insurance providers. Cars which can be expensive are definitely more at risk of being stolen. Aside from that insurance policies are also in accordance with the value of your car or truck, so the more pricey it is, then higher this premium you make payment for.
11 de Maio , 2011 - 4:04 am
What i don’t realize is actually how you are not really much more well-liked than you might be now. You are so intelligent. You realize thus considerably relating to this subject, produced me personally consider it from numerous varied angles. Its like women and men aren’t fascinated unless it’s one thing to accomplish with Lady gaga! Your own stuffs excellent. Always maintain it up!