Guerra branca
Os gandeiros din que non aguantan máis e iniciaron onte unha folga de entregas, que non de traballo, xa que unha explotación non pode parar a súa produción porque as vacas non poden deixar de ser alimentadas e muxidas. Por iso estes empresarios se xogan moito neste pulso a unha industria e unha distribución que non respectan as súas marxes de beneficio e que, no caso dos últimos, están xogando co seu futuro usando o leite como un artigo de reclamo nas campañas de mercadotecnia. Pero os gandeiros e as organizacións que os representan teñen diante dous problemas á hora de afrontar unha decisión tan importante como a de intentar parar toda a cadea: que hai explotacións que están ao límite das súas posibilidades e non se poden permitir tirar o produto durante moitos días e que o mercado non entende de regulacións, por moito que prometan os políticos. Só mediante un apoio das administracións aos produtores con axudas directas, unha inspección implacable aos distribuidores e industrias que practiquen o dumping e a procura de liñas de negocio alternativo para as explotacións poderán impedir o peche de moitas e unha perda de emprego que pode afondar aínda máis a crise económica nunha comunidade cun sector tan importante como o lácteo. Porque nesta guerra branca xogámonos tanto todos os galegos como os propios gandeiros.
Tags: folga, gandeiros, leite, Xoán C. Vidal
29 de Novembro , 2012 - 19:50 pm
Eche triste, teos pais herdaron unhas terras e viviron das mesmas, os destas xeneración despois de moito traballo e moita inversión en gando e apeiros, obteñen a súa creba social e económico. As politicas de engano hacia esté sector está acabando có mesmo.
5 de Decembro , 2012 - 6:50 am
Algo hay que hacer. La sociedad civil tiene que organizaese paracsalvar este sector. No secsi será viable, pero es una idea. Yo estaria dispuesto, si fuera posible, ir a comprar directamente a los productores si tubieran la posibilidadvdevponer máquinascexpendedoras en sus instalaciones. La administración debería subvencionar esta transformación, en vez de estar en inútiles mesas que, como mucho, pretenden que se cubran los costes. Ha que salvar un sector del que dependemos todos y crear un sistema de que estas explotaciones se mantengan, asentando población y creando un sistema a su alrededior que fije población ybcreecsinergias para las poblacionesca, creando un flujo de riqueza y sinergiasven los pueblos para que exista una aceptable calidad de vida. Compremos la leche a los nuestros y defendamos nuestro futuro. La leche a comprarla en el lechero, es una inversión con beneficios para todos y que el poco dinero que hay quede en galicia. Asi podría subsistir el pequeño comercio y que no se muera el rural. Se lo debemos.