Pachi
Non me sorprende as rapidez coa que algunhas vellas glorias do PSdeG saíron á palestra a pedir a cabeza de Pachi Vázquez logo do trompazo electoral de 21-O. Tiñan desde fai meses o coitelo na boca á espera dunha oportunidade logo de quedar relegados nas listas. O que me chama a atención é a inquina dalgúns tertulianos que se louban de quitar ou poñer rei cara o dirixente socialista, un tipo que na distancia curta acentúa o seu perfil de alcaldiño cumpridor, pero que non ten nada que envexar aos políticos de moqueta e coche oficial.
Poida que o PSdeG tivese candidatos máis ‘fashion’ ou con maior porcentaxe de coñecemento entre o electorado -algúns, segundo as enquisas, polas súas quedadas en gasolineiras-, aínda que seguramente pouco voto máis lle poderían ter dado a un partido que desde 2009 non soubo reconducir nin o seu discurso ideolóxico nin a súa imaxe como alternativa de goberno. Outros con máis tirón na nómina de analistas, como Patxi López ou Basagoti, tamén asinaron un desastre electoral (-9 e -3 deputados, respectivamente), pero a súa continuidade non foi cuestionada.
Pero como a culpa de todo o malo que lle ocorreu á esquerda galega o 21-O lévana a partes iguais Pachi Vázquez e Beiras (Jorquera dixit), ao do Carballiño parece que non lle queda outra que encarar a porta de saída, aínda que sexa só para que algúns apunten un cadáver máis no seu caderno.

Tags: Beiras, Pachi Vázquez, PSDEG