Modular á masa
Non son amigo das aglomeracións, por iso vivo nunha minicidade como Lugo e por iso non vou ás manifestacións se non é para informar delas. Entendo malia todo a quen ve nas concentracións humanas encabezadas por tipos con megáfono coreando pareados simplóns como o método máis eficaz para obrigar a reaccionar os que, acomodados no poder, só escoitan os consellos dos que están arriba.
E como o panorama vai camiño de empeorar, desde a zona de palco xa se comeza a falar de “modular” o dereito de manifestación, como acaba de propoñer a delegada do Goberno en Madrid, Cristina Cifuentes. Aínda que o meu desapego ás concentracións podería incluírme entre esa maioría silenciosa que Rajoy di que o apoia, discrepo de que un cambio legal consiga reprimir esa irrefreable tendencia dos españois a botarse á rúa para armala e, en cambio, creo que só conseguiría incitar os que preferimos ver os touros desde a barreira a correr tamén o encerro.
Tags: Cifuentes, manifestacións, Rajoy, Xoán C. Vidal
7 de Outubro , 2012 - 0:15 am
Xoan Carlos, moi bon o articulo, gustoume o teu diagnostico.