O debate dos soldos
O soldo dos políticos sempre foi un tema tabú ata que a man lixeira dalgúns obrigou a facer pasar polo arco de seguridade ás súas señorías para comprobar o seu patrimonio. O problema é que tanta transparencia no que derivou é na constatación de que cada vez hai máis xente que desembarca na política en busca dunha profesión ou, como dixo un deputado do PP, para tratar de chegar a fin de mes, «pasándoas canutas», con cinco mil e pico euros ao mes.
A proximidade dos comicios autonómicos volve facer aflorar a polémica sobre os soldos dos gobernos e os populares lucenses acusan agora ao executivo da Deputación de gastar en retribucións tanto como o gabinete de Feijóo. O cálculo fano contando a nómina de asesores, o que lle serve ao PSOE para recordar que só no equipo de Presidencia da Xunta hai máis de 55 traballadores de libre designación.
O debate, que seguramente non terá moito percorrido tendo en conta que todos os partidos usan os gobernos para colocar aos seus, o único que lle serve ao cidadán é para comprobar que nestes días de confección de listas electorais a maioría dos políticos e asesores xóganse todo a unha carta e, ata os que teñen praza de funcionario asegurada en caso de quedar fóra, saben que o recorte salarial pódelles saír por un pico. E quizá por esta razón a caza do voto vai estar máis rifada ca nunca.

Tags: candidatos, Eleccions, Feijoo, soldos