Mestres

Participo nun curso cunha vintena de profesores e a piques de despedirnos dame por mentar a bicha. Por que a opinión pública se alarma polos recortes en sanidade, pero non en educación? Os educadores saltan como resortes dos seus asentos para propor casuística sobre os efectos que se derivarán, non polo feito de que teñan que estar toda a xornada laboral nos centros e que eles consideran un argumento dos políticos para desviar a atención, senón pola redución do profesorado ou polo incremento do ratio de alumnos por aula. Eu expóñolles que quizá teñen un problema de comunicación coa sociedade e alguén propón implicar máis aos pais na defensa a escola pública, para que a súa non se vexa como unha reivindicación interesada. «Os efectos destes recortes non se visualizarán de forma inmediata, coma un copago farmacéutico ou un aumento das listas de espera, terán un efecto a longo prazo», comenta alguén durante un encontro que se asemella xa máis a unha sesión de terapia de alcohólicos anónimos.
Concluímos sen achar máis consolo que o de saber que o docente é un oficio vocacional, no que hai de todo como en botica, pero onde abundan os profesionais que seguramente multiplicarán esforzos para que o produto final, o futuro cidadán, non sexa defectuoso. Xa o dicía Pitágoras, educade aos nenos e non será necesario castigar aos homes.

Tags: , , ,

Un comentario a “Mestres”

  1. xose b.

    Existen politicos “mestres da berborrea”, verdadeiros vendedores de conxelarores na Antartida; a pais, nais e avos convencennos a través da televisión das melloras dunhos axustes por falla de presuposto.
    Axustar gastos e incrementar impostos ten estas consecuencia.
    A baixada na calidade do ensino tera unhas consecuencias non só academicas senon tamén na formación humana. Competir entre ricos e pobres, listos e burros e o qué se vai conseguir. O importante seria educar no respecto e liberdade .
    Ser testigos pasivos dún presente educativo de competividade e darlle máis caracter competitivo, racista, clasista, relixoso, consumista etc..traerá consecuencias e máis diferenciación de clases sociais.
    Pedagóxia manipulada dende o televexo, transmitida dende o luxo con Rolex, coca, clubs privados con derecho de admisión; eos outros na rúa rompendo o mesmo escaparate mil veces, tambaleandose con brit de viño, agulla en brazo, é a sociedade qué nos espera