A Arxentina
Un dos meus destinos pendentes de coñecer é A Arxentina, esa terra de acollida de varias xeracións de galegos expatriados polo fame, a guerra fratricida, a ambición ou ata polo amor. Din os que alí viviron que as oportunidades e o fracaso están á volta de cada esquina, e que os seus habitantes acuñan todo o bo e o malo da amalgama de razas que os conformaron. Das súas riquezas naturais e culturais aproveitáronse as metrópolis ao longo de cinco séculos e esa cobiza do conquistador tamén serviu para facer emerxer ditadores ou políticos populistas capaces de mobilizar ao pobo contra o invasor ata o borde do abismo.
Dez anos despois de vivir unha crise difícil de imaxinar nun país con tantos recursos e que supuxo a venda das xoias da república e a saída do país dos mozos mellor preparados, A Arxentina da era Kirchner quere recuperar o seu status con métodos pouco ortodoxos para o sistema económico mundial, como a nacionalización da petroleira YPF, propiedade da española Repsol.
A medida indignou ao Goberno de Rajoy, que dá por roto o clima de «cordialidade e amizade» e anuncia «represalias», aínda que non sabemos se consistirán nun embargo á importación de doce de leite, a expulsión da Asociación de Academias da Lingua, a clausura dos gabinetes de psicoloxía ou o secuestro de Messi e os seus balóns de ouro. Boludos.

18 de Abril , 2012 - 20:13 pm
O sistema económico recordame, aqueles caseiros qué traballaban nas terras dos señoritos. Para o caseiro aquela propiedade non producia nada, para o señorito cando recibia a renda das terras ( normalmente) en productos da propiedade, sempre pensaba qué o caseiro traballaba pouco e qué a súa propiedade lle daba moitisima máis productividade ( pensaba qué pronto o caseiro se ia converter en señorito. O señorito facia visitas a propiedade sen previo aviso eu caseiro tentaba de esconder gran parte da producción. Se tiña 5 xatos trataba de esconder 2 ou 3, si a colleita de patacas, ou centeo, trigo, etc … trataba de esconder sempre unhos quintales, que quedaran sempre fora da conta do señorito.
O señorito se lle descubria a falsedade o caseiro, sempre trataba de botalo da súa propiedade.
O qué pasou con Repsol, coido qué ten similitude con este conto xá vello.
O caseiro Repsol tiña máis productividade da que lle xustificaba o señorito, neste caso Governo Arxentino. Case aseguraria qué neste caso tentarian a SRA. Presidenta ofertandolle unha “mordida”, qué esta non aceptou. Nestas terras ricas en Petróleo, nunca tardan moito en aparecer outro caseiro ofrecendo mellores rendas. As Normas da Lei do Libre Mercado xá estaban escritas antes de qué Arxentina tivese nome.