Medo escénico
O medo escénico que popularizaron primeiro García Márquez, para definir o seu pánico ante o atril, e logo Jorge Valdano, para demostrar que o factor campo existe á hora de atenazar ao rival, tamén valería para describir a actitude do noso presidente do Goberno á hora de enfrontarse á opinión pública. Todos sabemos que a oratoria non é o forte de Rajoy, eo máis esa imaxe de paisano que nunca nos vendería unha lavadora rota e co que pecharíamos un negocio cun apertón de mans. Pero aínda que ao líder dun país non se lle pide comparecencia diaria ante os xornalistas, polo menos unha explicación por ter aplicado as medidas económicas máis duras da democracia si que nos debe. Os expertos en comunicación política explican que un tema álxido pode converterse para un goberno nun problema e que, se non se afronta a tempo, pasa a ser unha crise e logo un escándalo ou unha urxencia nacional. Para evitar estes escenarios plantexa realizar un control de danos e, sobre todo, comunicar ben, porque os medios queren coñecer as causas e aos culpables do que está ameazando á sociedade.
Nada diso atopamos por agora nesta platea chamada España, na que os ministros espontáneos tratan de manter a tensión escénica pola ausencia do actor principal e onde ninguén se desexa moita merda, quizá porque diso xa imos sobrados.
Nada diso atopamos por agora nesta platea chamada España, na que os ministros espontáneos tratan de manter a tensión escénica pola ausencia do actor principal e onde ninguén se desexa moita merda, quizá porque diso xa imos sobrados.
Tags: García Márquez, Goberno, Rajoy, Valdano
11 de Abril , 2012 - 16:36 pm
O fácil é facer oposición, facer populismo. Nos primeiros tempos de qué sé esta no governo – a culpa do anterior-, o malo é que o pobo está creendo a estes que non teñen ideas e fanse xordo-mudos.
Rajoy vai o fácil, o contribuinte pequeno, o qué ingresa o IVA, paga o litro de gasolina có recargo do imposto de hidrocarburos, etc…¿ por qué non se preocupou de cobrarlle a empresa aseguradora do ” PRESTIGE” as indemnizacións qué tivemos qué pagar cos nosos impostos a mariñeiros, marisqueiros, comecializadores destes productos dende a Garda ata As Landas en Francia?, ou é que se trata de pagar e esquecer, co diñeiro de todos. ¿ Que fácil?, sacar a carteira de todos e pagar as “facatruadas” de terceiros. Salvarlle o “pelexo” a grandes navieiros Gregos e aseguradoras con sede en Londrés, forma parte da forma de governar desta xente. Populismo de silencios interesados, Xusticia de ricos para “foder pobres”.
12 de Abril , 2012 - 8:31 am
Negro lo veo, con la nueva ley que pretenden colarnos. la resistencia pasiva pasa a ser delito, así como la convocatoria en la red de actos violentos.Si convoco una sentada pacifica por la red, dos delitos, uno por resistencia pasiva y otro por convocar. nunca la democracia recibió semejante afrenta, excepto con las dictaduras.