Saber escoitar
Son dos que se adica máis a fisgar nas redes sociais que a alimentalas. É unha deformación profesional que aos do meu gremio ocórrelles tamén no súper, o bar ou a parada do bus, onde con disimulo poñemos a orella nas conversacións alleas para colmar a nosa curiosidade ou para ver se pescamos unha noticia. Tamén son dos que deixan falar ao interlocutor para que se desafogue ante alguén afeito a atender a todo tipo de historias, a pesar de que creo que, como dicía Oscar Wilde, o máis perigoso de escoitar é que te poidan convencer.
E como escoitador que son, ata me resulta incómodo converter o columnismo en opinión, pois os xornalistas non somos os máis indicados para xulgar as decisións tomadas por aqueles que recibiron a autorización das urnas, dos consellos de administración ou, nalgún caso, de Deus, pero si creo que estamos para denunciar a arbitrariedade, a mentira, o abuso ou o delito.
Estes días fálase nos medios e na rúa dos moitos problemas que nos aburan ou do derbi Madrid-Barcelona, pero tamén da noticia de que o xenro do xefe do Estado aproveitouse da súa condición para facer negocios presuntamente ilícitos, unha información que indignou ao interfecto. Tras semanas de titubeo, a Casa Real actuou, sobre todo, porque sabe que o mellor mecanismo de autodefensa é escoitar o que se di e actuar.

Tags: Casa Real, Palma Arena, Urdangarín, xornalistas
15 de Decembro , 2011 - 21:50 pm
Sí, Xoan Carlos, debíades de estar para “denunciar a arbitrariedade, a mentira, o abuso ou o delito”, pero logo o certo é que nun pobo olvidado como Lugo non existe o periodismo. É doado comentar o tema Urdangarín, meterse con ZP ou chamarlle terrorista ao PNV. Temos a Rivera para iso, o cutrismo localista e a ínfula de ser. Pero pregúntome, cando se denunciou as arbitrariedades, a mentira, o abuso ou o delito cometidos por estes lares? Hoxe deslizaba algún comentarista desta casa “…agora que xulgan a Camps por uns traxes…”, como se fosen do mercado de Frigsa, unha menudencia do contubernio de Munich. O certo é que se xulga e a corrucción, o apadriñamento, as influencias nocivas, que fan deste país o país dos pillos e os pícaros consentidos….por moitos que se chaman periodistas.
17 de Decembro , 2011 - 20:56 pm
Algúns nunca chegamos a recoñecer os esforzos destes señores en Presidencias de Autónomias, en Consellos de Administración de Grandes Empresas “tipo” COI, banca, enerxéticas, televisuales, comunicación, armamentistica, transportes, transporte maritimo de mercancias, etc… ,os señores sempre tiveron “vara alta”. Directamente os señores nunca teñen que ver con negocios “turbios” drogas, prostitución, transporte de mecancias perigosas, contrabando de armas, organización de revoltas e guerras en paises có fin de facerse cos seos recursos. Esto sempre foí misión das crases medias ou baixas, amin en concreto regalaronme un traxe cando tiña 21 anos, e nunca me xulgaron por ese feito ¿ porqué? era para servir a patria. Digo.