As conquistas do 15-M

O movemento 15-M non deixa indiferente a ninguén e a demostración de forza do sábado, na que indignados dunhas mil cidades do mundo saíron á rúa a esixir cambios nun sistema político e económico que cren fracasado, seguro que faría reflexionar aos que só viron nel unha algarada inducida desde os partidos de esquerda para desprestixiar a esa dereita da que non están tan afastados. Con todo, as protestas, acampadas e caceroladas de pouco serven se os que deben resolver os problemas non cren nas solucións que lles expón a rúa. Quizá por iso o 15-M debería ir, como ocorre no xogo do Risk, conquistando territorios un a un, centrando a súa forza para que unha vez se acade un cambio, se traballe en reivindicar un novo punto. Porque a diferenza dunha revolución contra un goberno ou un ditador, esta revolta global desátase en sociedades con poderes adquisitivos, nivel de benestar ou perspectiva de crecemento diferente, aínda que tamén cun denominador común, a capacidade de control dos mercados sobre o poder político.
 
A campaña contra os desafiuzamentos é un bo exemplo da forza que ten o movemento e que, de lograr un cambio legal, multiplicaríase e achandaría o terreo para tratar de conseguir outro territorio. Estratexia e constancia para que o 15-M non acabe, como lles ocorría aos personaxes daquela película, atrincheirado en Kamchatka.

Tags: , ,

2 Comentarios a “As conquistas do 15-M”

  1. Chiki Carroceda

    Estou totalmente de acordo contigo, non sae pode parar ahi temos que seguir loitando, e levar estas novas formas de pensamento a o mundo politico real, se non se fai iso o movemento quedara esnaquizado polo tempo. Teñen que dar un paso mais adiante e constituir unha formacion politica, esa coido eu que sera a chave.

  2. Gorila1

    Pero si ya tienen una formación política… Se llama IU…