O que se oe
Non paro de escoitar e, por suposto de meter baza, nas discusións acendidas que sobre fútbol e política me atopo a cada volta de esquina. Son os únicos temas sobre os que todo fillo de veciño está capacitado para falar e sobre os que un se pode atopar o razoamento máis traballado onde menos o espera. Alguén dixo unha vez que en España había tantos seleccionadores nacionais de fútbol como habitantes e eu engadiría que hai outros tantos analistas políticos. E precisamente que agora Barça e Madrid aprazaron os seus combates ata a próxima tempada, nese parlamento multiétnico que son as barras dos bares, o que máis abunda nos últimos días son proxeccións demoscópicas e voluntarios para interpretalas.
Quítanse e póñense alcaldes ao mesmo ritmo que días antes se substituían adestradores ou se fichaban ‘cracks’, nunha especie de poxa propia dunha web de apostas.
É o efecto de ter as cidades invadidas de cartelería con amables caras de candidatos e eslóganes máis ou menos acertados. Os políticos viven os seus quince días de gloria e por iso están máis que nunca en boca do cidadán, aínda que pasada a resaca electoral, a política volverá á súa contorna natural: salóns de plenos, hemiciclos… e xulgados.

Tags: campaña electoral, Eleccions, fútbol
5 de Xaneiro , 2012 - 9:25 am
Amazing points=) I am going to take a bit of time to toy with the post.