Alternancia
A sociedade que aos da miña xeración nos tocous mamar é das que aposta pola alternancia, aínda que iso supoña que aos ‘teus’ lles toque ás veces facer o papel de perdedor. Churchill, que sufriu nas súas carnes os efectos desta dinámica incontestable, chegou a dicir que a alternancia fecundaba o solo da democracia.
Eu son dos que pensa que unha vitoria sempre é máis saborosa cando chega logo dunha amarga derrota, así que do mesmo xeito que ocorre co deporte, a política ten os seus tempos e só hai que saber esperar un golpe de fortuna ou un erro do contrario para tomar a dianteira. E iso é precisamente o que as enquisas lle auguran ao PP de Mariano Rajoy desde que a tenaza da crise comezou a asfixiar ás economías domésticas deste país. O problema é que a alternancia non é unha ciencia exacta e a estas alturas de mandato e tras a renuncia de Zapatero a verse pateado por propios e estraños, tampouco está tan diáfano o camiño para o candidato Rajoy, a quen unha recente sondaxe o volve a atrasar ata posicións moi próximas a ese PSOE sen aparente líder. A forza de caer en tópicos, parece que haberá partido ata o último minuto, e ese tamén é outro fertilizante da democracia, a incerteza.

Tags: Eleccions, Mariano Rajoy, PP, PSOE, Zapatero
5 de Xaneiro , 2012 - 9:34 am
Last but not least, the writer make an update to your blog. I used to be waiting anxiously for your current next update. I am hoping you will consider updating more reguarily so your readers might follow along. I do not have much joy in life right now but your blog is one. I recognize life is busy but I hope you will make the effort to keep us modified on any progress.