Trinta anos

Pertenzo a esa xeración que o máximo que recorda do Tejerazo son un día sen cole, sesión continua de películas na primeira cadea e marchas militares en Radio Nacional, e quizais por iso non acabo de atoparlle a relevancia que desde a esfera política se lle dá aos movementos que aquel 23 de febreiro de 1981 se deron para deter ese chafalleiro golpe de Estado.
O que si recordo é que aínda dez anos logo da asonada coñecín xente que defendía a idea de que España non daría por pechada a súa transición ata que os españois deixasen de apertar o cu cada vez que visen un avance informativo en televisión. Hoxe cúmprense 30 anos do día máis longo da democracia cun país cansado coa súa clase política, que se afai a vivir de acordo aos seus ingresos, que audita os estertores dunha banda de terroristas e que mira con envexa as revolucións no mundo árabe contra ditadores como o que aquí se vela nun mausoleo financiado con diñeiro público. Iso si, a idea das dúas Españas pertence aos libros de Historia e, como calquera país moderno, os dereitos e liberdades mídense polo número de ceros que se acumulan na conta corrente. E ao solo todo o mundo se tira só se o ordena o monitor de pilates.

Tags: , ,

3 Comentarios a “Trinta anos”

  1. XBP

    ¿Que noite máis larga?, ¿ que maná do 24?, ¿ que trinta anos + vintesete anteriores?, ¿ainda hoxé non sei por qué pasei sen dormir aquela noite?, e eso que non ladraban nin os cans, habia silencio?, os tiros no Congreso “acongoxaronos”, oir que as bocachas dos tanques paseaban polas ruas de Valencia, amin sacaronme o sono. ¿ O por qué? dáquela tarde noite¿?… cábalas todas.. ¿ a cabeza non para?.

  2. here

    thank for the post and information! I think education is important for us so we must prepare the best education for our generation by sharing such great info with eachother!

  3. best car insurance rates

    Thank you for the auspicious writeup. It if truth be told was once a enjoyment account it. Look advanced to far introduced agreeable from you! By the way, how could we keep up a correspondence? best auto insurance rates