Éxodo

Os fillos do baby boom español dos setenta estiveron a piques de converterse nunha xeración perdida por culpa das taxas de paro que a crise de 1993 deixou e que chegaron ao 43% para os de 20 a 24 anos e ao 32% para os de 25 a 29. Con todo, aquela inquietante situación só provocou un retraso na emancipación e a que foi a camada de mozos mellor preparada da historia deste país acabou entrando no mercado de traballo ao abrigo da fase de crecemento na que se entrou desde finais dos noventa. A pesar diso, foron moitos os que tiveron que marcharse de Galicia, do mesmo xeito que fixeran décadas atrás algúns dos seus familiares, pero unha gran parte quedou aínda que sabía que as mellores oportunidades estaban fóra.
Dous anos despois de entrar nunha crise aínda máis profunda que aquela, as cifras de paro xuvenil achéganse a máximos históricos e a desesperanza volve render a unha nova xeración máis viaxada e menos apegada á súa terra.
Alemaña precisa entre 500.000 e 800.000 novos empregados especializados e a súa chanceler Angela Merkel chegará en breve a España cunha oferta de emprego na man para os nosos parados máis preparados. Mágoa que non sexa aos nosos indolentes políticos aos que se queira levar.

Tags: , ,

2 Comentarios a “Éxodo”

  1. XBP

    -Iste vaise, aquel vaise, e todos, todos se van- decia Rosalia-.
    É a nosa propia Historia, Galicia e nós os galegos, non sabemos vivir sen esa morriña que ” levamos dentro”. Levavamos unha xeneración sen ter que emigrar era moito.

  2. Jordan Journey

    It is tough to come across knowledgeable people today on this topic, but you sound like you know what you are talking about! Thanks