Exércitos
Acábanse de cumprir dez anos da inevitable decisión de suprimir o servizo militar obrigatorio que adoptou o Goberno de Aznar, quen por certo librouse grazas á súa condición de pater familias do trance de verse encerrado nun cuartel durante meses facendo imaxinarias baixo cero ou aguantando improperios dun sarxento chusqueiro. A miña xeración viuse beneficiada por aquel remendo coñecido como obxección de conciencia, aínda que sorte de verdade tivérona os hoxe mozos de 30 para abaixo aos que nunca lles quitou o soño a obriga de cumprir coa patria. Iso si, coñecementos sobre armas e estratexias militares teñen máis que calquera antigo quinto grazas a eses videoxogos nos que manexan todo tipo de dispositivos destrutores.
O problema é que unha vez convertidos os exércitos de occidente en profesionais, a sociedade civil comeza a cuestionarse o seu elevado custo ou a súa función, así como institucións como a Otan, creadas na guerra fría e que en lugar de plantexarse a súa disolución alíanse co antigo inimigo ruso para non paralizar a industria armamentística.
Pedir un rompan filas xeral é aínda unha inxenuidade, pero esixir aos nosos gobernos unha redución do gasto militar é só un acto de responsabilidade. Creo.