Apátrida
Nun país no que nos permitimos o luxo de empalmar tres días non laborais para celebrar os 31 anos da Carta Magna que nos compromete coa democracia ou os dereitos humanos, a algunha autoridade competente, ou máis ben o contrario, ocórreselle obrigar a entrar a España en contra da súa vontade a unha activista saharauí expulsada por Marrocos. Pero se o primeiro erro é de vulto, os seguintes acontecementos demostran de novo a falta de cintura do Goberno en política exterior, que foi aproveitada pola oposición de esquerdas e de dereitas para alimentar un conflito que seguro vai derivar nun deses ciclos de desencontro entre Madrid e Rabat. Pero no medio da tensión o máis preocupante é que corre perigo a vida Aminetu Haidar, en folga de fame desde que o 15 de novembro chegase como apátrida ao aeroporto de Lanzarote. E é que esta muller vai camiño de converterse en mártir non por esixir a autodeterminación do Sahara, senón só por suplicar que se lle devolva á súa casa, coa súa familia. A recente historia deste país ten como protagonistas a centos de miles Aminetu Haidar, que deambularon como apátridas por medio mundo. Só por eles tamén tería sentido presionar máis a quen por desgraza non teñen unha Constitución da que enorgullecerse
Tags: Folga de fame, Haidar, Lanzarote, Marrocos
5 de Maio , 2011 - 19:27 pm
I have read a few of the articles on your website now, and I really like your style of blogging. I added it to my favorites blog site list and will be checking back soon. Please check out my site as well and let me know what you think.
11 de Setembro , 2011 - 21:30 pm
Oh my goodness! an astounding post dude. Thank you Nevertheless I’m experiencing concern with ur rss . Don’t know why Unable to subscribe to it. Is there any individual acquiring identical rss challenge? Anyone who knows kindly respond. Thnkx