A lei de Murphy

A imaxinativa campaña de publicidade da Consellería de Traballo para loitar contra os accidentes laborais ten como argumento unha desas leis non escritas nin pactadas en parlamentos, a de Murphy, e na que os seus fundamentos se resumen nun: se algo pode saír mal, ao final sairá mal. O caso é que no traballo diario dos preto de 20 millóns de cotizantes á Seguridad Social en España e sobre todo no daqueles que integran o chamado mercado negro, a lei xurdida dun experimento do enxeñeiro estadounidense Edward Murphy está presente en cada decisión ou movemento que supoña certo risco, aínda que o lóxico sería impedir calquera posibilidade de desenlace fatal para evitar que se cumpran os postulados da lei. Por iso cada vez que sae á luz unha nova relacionada cun accidente de traballo resulta curioso escoitar argumentos como que a mala sorte ou a casualidade quixo acabar coa vida dun operario, cando unha investigación posterior dos feitos acaba por determinar que o erro sempre é humano e tamén evitable. As once mortes rexistradas o mes pasado en Galicia terían que ir logo no haber de Murphy, pero tamén no daqueles empresarios e quizais tamén no dos traballadores que non cumpren as normas de prevención de riscos, así como no das administracións competentes que non exercen como deberan a labor de inspección. Porque a mala fortuna hai que aplicala só ao azar, pois no mundo laboral hai cousas coas que non se pode xogar.

3 Comentarios a “A lei de Murphy”

  1. undelugo

    Moi acertado o teu comentario, sobre todo cómpre ir póñendo énfase na responsabilidade, sempre esquencida, dos traballadores. Máis que nada porque son os primeiros interesados. E sobre todo na formación, ahí é onde a iniciativa da consellería é novedoda e esperemos que positiva. Hai unha xeración de xente maior que podemos dar case por perdida. A xente moza aínda non.

  2. Beata Marchman

    Thank you for this article. I would also like to convey that it can become hard if you find yourself in school and simply starting out to create a long credit standing. There are many learners who are merely trying to live and have a protracted or positive credit history is often a difficult element to have.

  3. affordable prom dresses

    I loved as much as you will receive carried out right here. The sketch is attractive, your authored material stylish. nonetheless, you command get got an impatience over that you wish be delivering the following. unwell unquestionably come further formerly again as exactly the same nearly a lot often inside case you shield this hike.