O capítulo 1

O pequeno concello lugués de Muras está a ser noticia non porque a crise estea a facer dano no seus escasos sectores produtivos, agora máis enfocados ó sector eólico, pois os seus preto de oitocentos habitantes son a maioría xubilados, senón porque o seu alcalde acaba de fixarse un salario que supera o orzamento que o seu concello adica a infraestruturas.  Aínda que non é de bo gusto andar aireando ás nóminas dos demais, o certo é que resulta chamativo que o popular Issam Algnam Azam, neste clima de austeridade que proclama o seu partido, se vaia embolsar preto de 60.000 euros por facer de rexedor dun concello onde a xestión máis importante da semana pode ser quedar co secretario para tomar café.

Na súa defensa, o alcalde de orixe sirio di que aínda así vai perder cartos con respecto ó seu traballo na sanidade, pero o problema é que tendo en conta a falta de médicos rurais que padecemos e o excedente de políticos sen cargo xórdenos a dúbida de se non sería mellor que o rexedor cedese o bastón de mando e de paso lle aforrase un gasto o seu concello e un sufoco ao seu partido.

O caso de Muras é só un exemplo dos excesos que a profesionalización da política está a xerar nas pequenas administracións e que resulta máis chamativo no caso de Galicia, onde hai unha alta porcentaxe de concellos de menos de dous mil habitantes que teñen en nómina con adicación exclusiva non só a moitos alcaldes, senón tamén a algún dos seus concelleiros. A redución de ingresos que están a sofrir, provocada en parte pola caída da construción, vai obrigar a reinventar o xeito de xestionar o eido local, por moito que lles doa a aqueles munícipes que fan da política unha forma de vida cando en moitos casos só se demanda voluntarismo a prol da comunidade.

Tampoco é que se lles pida ás corporacións que procedan como fixo a oposición no concello de Meira, que aproveitou unha ausencia no pleno dun membro do equipo de goberno para rebaixarlle en cincocentos euros o soldo ó alcalde. Se cadra estas medidas deberían saír dos propios rexedores e, indo máis aló, dunha lexislación que impida que gran parte dun orzamento municipal sexa asignado ó chamado capítulo 1, o que atinxe aos gastos de persoal. Iso non quere dicir que haxa que pechárllelas portas da política aos profesionais mellor pagados, o que se pide é que cando decidan entregar o seu tempo ao servizo da comunidade, pois dean, a poder ser, o adicado ao ocio. E senón, que deixen paso a outros.

Tags: , , ,

4 Comentarios a “O capítulo 1”

  1. Thaddeus Nembhard

    Thanks for this article. I might also like to state that it can possibly be hard if you are in school and simply starting out to establish a long credit standing. There are many college students who are merely trying to pull through and have a lengthy or good credit history can sometimes be a difficult point to have.

  2. Donte Minkoff

    I’ve noticed that credit score improvement activity ought to be conducted with tactics. If not, you are going to find yourself destroying your standing. In order to grow into success fixing your credit ranking you have to make sure that from this instant you pay your complete monthly fees promptly in advance of their scheduled date. It is definitely significant because by not accomplishing that area, all other activities that you will take to improve your credit positioning will not be effective. Thanks for giving your strategies.

  3. Breann Souchet

    One thing I’d prefer to say is that often car insurance canceling is a feared experience so if you’re doing the appropriate things like a driver you’ll not get one. A lot of people do obtain notice that they are officially dumped by the insurance company and several have to fight to get added insurance after a cancellation. Inexpensive auto insurance rates are generally hard to get after having a cancellation. Knowing the main reasons concerning the auto insurance termination can help car owners prevent sacrificing one of the most crucial privileges obtainable. Thanks for the concepts shared by your blog.

  4. fashionnightout

    I used to be more than happy to seek out this net-site.I needed to thanks to your time for this wonderful read!! I definitely enjoying each little bit of it and I have you bookmarked to take a look at new stuff you weblog post.