Autores
Os dereitos de autor son algo máis serio do que está a transmitir esa sociedade recadadora chamada SGAE con formas propias dun estado policial. Que as ideas ou obras orixinais teñan un custe para quen as queira usar é lóxico, porque a todos nos gusta ter unha recompensa polo traballo feito, agora que xa non é tanto tentar meter no saco da criminalidade a aqueles que escaquean o famoso canon con ameazas e citacións xudiciais como se dunha facenda pública se tratase.
Os xestores desta entidade privada, que di aglutinar a 80.000 asociados, contan ademais co apoio das administracións, que non dubidan en utilizar recursos policiais e xudiciais para combater a insubmisión de empresarios ou particulares. En compensación, a SGAE sorpréndenos ás veces con decisións polémicas en aras da defensa da propiedade intelectual. A última perla foi a reclamación o 10% da recadación dun concerto benéfico de David Bisbal en Almería. Logo das críticas recibidas e sen alegar descoñecemento dos fins do recital, a SGAE devolveu os 5.000 euros cobrados, non sen antes botar as culpas aos que non solicitaron en tempo e forma a cesión gratuíta do repertorio. Está claro que esta sociedade ten avogados e economistas dabondo, pero tampouco lle viría mal algún asesor de imaxe.
12 de Maio , 2009 - 13:24 pm
Alberto Nuñez Feijoó chegou ao goberno con promesas de austeridade, presa por gobernar, denuncias de ilegalidade cara actuacións do goberno anterior e con anuncios dun goberno técnico. Non fan falta cen días para que a realidade desminta á propaganda.
No DOG do 1 de maio publícase a nova estrutura orgánica das delegacións territoriais da Xunta de Galicia. As anteriores delegacións provinciais –unha por Consellaría (52)- con rango de Subdirección Xeral son substituídas por cinco delegacións territorias con rango de Dirección Xeral (5). Ademáis créase unha secretaría territorial por cada delegado territorial (5) –con rango de subdirección xeral- e tamén unha xefatura territorial por cada consellería (50). Sesenta cargos actuais frente a cincuenta e dous do anterior goberno, tendo en conta ademais que os cinco delegados territoriais teñen un nivel superior de Director Xeral. U-la a austeridade e o cambio?.
As presas por gobernar, mesmo antes de ser elexidos e en contra da lóxica parlamentar democrática, transfórmanse na incapacidade de ter preparados o conxunto de nomeamentos e os reaxustes orgánicos necesarios para empezar a traballar desde o primeiro día. U-la a urxencia porque o anterior goberno fixera o traspaso de poderes?.
Os anuncios de poñer en marcha certas promesas electorais precipitadas e irreflexivas son rápidamente desbotados mostrando a escasa solidez do proxecto proposto ao electorado. Nin baixan os impostos, nin se pode derrogar o Decreto do uso do galego ou Lei de Normalización Lingüística con instruccións administrativas (como calquera alumno de primeiro de Dereito sabería), nin se ven as medidas para loitar contra a crise. Por non falar de que a realidade teimuda desminte á ficción e non existe conflito social ou educativo con cuestións como o galego. U-lo os proxectos reais para problemas reais da sociedade?.
1 de Maio , 2011 - 8:37 am
Thanks for sharing your ideas. One thing is that college students have a solution between national student loan along with a private education loan where it’s easier to choose student loan debt consolidation reduction than with the federal education loan.
1 de Maio , 2011 - 12:28 pm
I’ve learned many important things through your post. I would also like to express that there may be a situation where you will obtain a loan and never need a cosigner such as a Federal Student Aid Loan. In case you are getting a borrowing arrangement through a standard loan provider then you need to be able to have a cosigner ready to help you. The lenders can base any decision on a few components but the largest will be your credit score. There are some loan providers that will in addition look at your work history and come to a decision based on this but in almost all cases it will hinge on your scores.
6 de Maio , 2011 - 12:19 pm
Thanks for the strategies you discuss through this site. In addition, several young women which become pregnant usually do not even try and get health care insurance because they worry they would not qualify. Although a lot of states today require insurers produce coverage in spite of the pre-existing conditions. Charges on all these guaranteed programs are usually larger, but when considering the high cost of health care bills it may be the safer approach to take to protect one’s financial future.
18 de Maio , 2011 - 14:01 pm
Does this specific genuinely function, anybody attempted it yet?