O outro Vázquez
O PSdeG ten novo líder, apodado ‘Pachi’, como o seu homólogo vasco. A diferenza está en que un vai ser o vindeiro lehendakari vasco e ao galego quédalle unha longa travesía de catro anos na que ademais vai ter que convencer aos seus compañeiros de que será capaz de disputarlle a presidencia da Xunta a Núñez Feijóo.
Manuel Vázquez, o médico do Carballiño que dende a alcaldía exerceu de Quijote na ínsula baltariana, ten ao seu favor o respaldo da dirección federal do partido e o consenso que dan o 90% dos votos dos seus compañeiros. Claro que dentro desa imaxe de renovación que se lle quere dar á nova executiva do PSdeG non cadra moito que teña sido un dos homes fortes da era Touriño. Porén, pode que a experiencia de ter vivido desde a primeira fila a evolución do goberno bipartito lle vaia servir de guía para non cometer erros do pasado.
Este novo PSdeG de Vázquez ten certo paralelismo co que tivo que liderar o outro Vázquez, Paco, cando Antolín Sánchez Presedo abandonou a secretaría xeral logo da derrota electoral diante de Manuel Fraga. Daquela o entón plenipotenciario alcalde da Coruña asumira a responsabilidade de unir o partido despois do frustrado asalto á Xunta, máis o feito de non terse mollado á hora de renunciar á alcaldía para asumir o reto de medirse nas urnas con Fraga, acabou por minar aínda máis a base electoral socialista, quedando incluso durante catro anos como terceira forza de Galicia.
Agora a situación que se lle presenta a Pachi Vázquez, aínda que difícil, non semella tan complicada como a que viviu o seu antecesor no cargo, Emilio Pérez Touriño, que foi capaz de acadar para os socialistas unha presidencia da Xunta, que logo non foi moi ben administrada a tenor do que decidiron os galegos o 1-M. Vázquez conta ademais con certo carisma e achegamento á cidadanía e co respaldo do Goberno do Zapatero, de dúas deputacións e de seis dos sete alcaldes das grandes cidades galegas. E precisamente conservar estes gobernos locais e provinciais será o primeiro reto dos socialistas galegos. Nesta tarefa está por ver cal vai ser a relación co socio nacionalista naqueles sitios onde se reproduce o modelo de bipartito que fracasou na Xunta. Vázquez deixou entrever no seu primeiro discurso como líder do PSdeG que van buscar gobernar en solitario, polo que podería ser un aviso a navegantes de que as coalicións municipais e provinciais poderían racharse antes das eleccións municipais que se celebrarán en dous anos. De chegar a producirse esta situación, este PSdeG de Vázquez asemellaríase máis ao modelo de partido que sempre defendeu o outro Vázquez, eso si, salvando as distancias. Veremos que pasa.
Tags: Alberto Núñez Feijoo, Bipartito, Pachi Vázquez, Xunta
29 de Abril , 2009 - 1:02 am
Moi dificil llo poñen a este home, é época de moita fror de toxo, está moi froridos os campos, pero tamén é época de espiños; neste tempo se saes buscar algo podes sair espiñado, ou que che poñan a zancadilla e sais cós fociños “roxos” dos anteditos espiños. Cuidado cós contrarios politicos, e cós afins.
1 de Xuño , 2009 - 17:31 pm
red sea
5 de Maio , 2011 - 20:42 pm
I appreciate the commentary on this web site, it definitely gives it that community experience!
29 de Maio , 2011 - 7:54 am
I do believe that a foreclosure can have a important effect on the applicant’s life. Property foreclosures can have a Several to few years negative effects on a borrower’s credit report. A new borrower having applied for a mortgage or virtually any loans for example, knows that a worse credit rating is usually, the more hard it is to acquire a decent mortgage. In addition, it might affect any borrower’s capability to find a really good place to lease or rent, if that becomes the alternative property solution. Thanks for your blog post.