As contas de Rajoy

O galego Mariano Rajoy está disposto a queimar todos os cartuchos diante da que será a súa última oportunidade de optar á Presidencia do Goberno e acaba de facer unha promesa coa que quere entrar de cheo no filón de votos que supoñen as familias con rendas baixas, os pensionistas ou esa xeración de universitarios con traballo denominados mileuristas. Na súa intervención do domingo na conferencia política do PP, Rajoy dixo que promoverá unha rebaixa fiscal que eximirá de declarar o IRPF a aquelas persoas con ingresos anuais de menos de 16.000 euros, un número que a nivel estatal e segundo as estatísticas de Hacienda ronda os sete millóns de contribuíntes, a metade do total, aínda que en comunidades como Galicia a porcentaxe pode ser bastante maior tendo en conta que aquí os salarios están entre os máis baixos do Estado. Visto así, a luba electoral que acaba de tirarlle Rajoy a Zapatero podería supoñer unha ameaza para o actual presidente se non fora porque ata o de agora os dirixentes populares non explicaron que departamentos ministeriais verían mermados os orzamentos pola rebaixa fiscal, que unida á promesa de beneficios para as mulleres traballadoras pode supoñer un descenso na recadación do Estado de 3.300 millóns de euros. De momento no PP só aclaran que a medida suporá un impulso para o mercado laboral e o consumo, pero o caso é que algún cidadán xa empezou a facer contas e saenlle a pagar ata mil euros menos ao ano na declaración da Renda; claro que esas son como as contas da leiteira.

5 Comentarios a “As contas de Rajoy”

  1. undelugo

    Imos ver Vidal, o que ti dis non é de todo certo. Me eplico, baixar impostos non sempre significa baixar a recadación, O exemplo tivémolo coa baixada do IRPF no anterior goberno do PP. Si os cidadáns temos máis cartos eso estimula o consumo e polo tanto a economía, e polo tanto se incrementa a recadación pola vía dos impostos indirectos. É certo que podes argumentar que os impostos indirectos son máis regresivos que o IRPF, pero hai que recordar que o PP propón rebaixar os impostos ás rendas máis baixas polo que o problema non é tal. Baixar os impostos é bon para os cidadáns, o que pasa e que dende a esquerda non vos atrevedes a defendélo e pensades que ten trampa. Baixar os impostos non é de dereitas, dixo Blair, menos en España engado eu.

  2. cornish holiday cottage

    hey, your internet page’s style is marvelous and loving it. Your posts are stunning. You should keep up the good work. Sincerely…

  3. Jeana Klegin

    Many thanks for this article. I would also like to convey that it can always be hard if you are in school and just starting out to create a long credit standing. There are many students who are simply trying to make it through and have a long or good credit history can often be a difficult factor to have.

  4. Sheilah Pancho

    Thanks for the strategies you have contributed here. Furthermore, I believe usually there are some factors that keep your motor insurance premium down. One is, to bear in mind buying cars and trucks that are from the good directory of car insurance organizations. Cars that are expensive are usually more at risk of being lost. Aside from that insurance coverage is also good value of the car, so the more pricey it is, then higher the particular premium you have to pay.

  5. Wesley Schub

    I would also love to add that if you do not surely have an insurance policy or perhaps you do not form part of any group insurance, chances are you’ll well benefit from seeking the help of a health insurance professional. Self-employed or those with medical conditions generally seek the help of one health insurance brokerage service. Thanks for your blog post.