O voto lonxano

Acaba de aclaralo a Xunta Electoral Central. Levar o DNI ou algún tipo de identificación para votar desde a emigración non é ningunha “carga desproporcionada”. A polémica xurdiu logo dun recurso do PSOE no que pedía retirar este requisito, porque non se contempla na Ley Electoral e porque podería introducir máis confusión entre os residentes ausentes que quixeran votar. Os argumentos, que desde PP e BNG se consideran peregrinos, foron desmontados coa decisión da XEC, aínda que o feito de que moitos dos chamados a votar no exterior sexan fillos ou netos de emigrantes e non teñan os papeis ao día seguramente vainos botar atrás á hora de participar nas eleccións do 1-M.

Pero o certo é que a obriga de identificarse diante da Administración para calquera trámite nunca debería considerarse como unha carga e menos para garantir que un proceso electoral sexa limpo. O que ocorre é que o voto emigrante sempre serviu de arma arroxadiza para os partidos políticos e os máis apoiados sempre fixeron por manter o ’status quo’ ata que se viron superados polo rival. No actual contexto, cun PSOE asentado no poder no Goberno central e superando en votos a PP e BNG na emigración, é lóxico que pida que non se maree a perdiz e que aqueles que puideron votar sen ningún atranco hai catro anos o poidan volver facer, malia o risco de que alguén chegue a votar mesmo por un morto.

O caso é que se estiveramos a falar dun cento de sufraxios seguro que non se ían poñer tantas obxeccións, pero o problema é que o censo de residentes galegos no exterior con dereito a voto é similar ao electorado das provincia de Lugo ou Ourense. Son 334.000 cidadáns os chamados a votar e a súa capacidade de decisión é tal que arestora mesmo pode supoñer que o vindeiro Goberno galego sexa dunha cor ou doutra. As últimas enquisas falan de que o bipartito vai conseguir restarlle dous escanos ao PP, sen embargo, as porcentaxes aínda danlle esperanzas aos populares, que agora ven no voto emigrante unha ameaza de cara a tentar voltar a gobernar Galicia. Por esta razón e hai que pensar tamén que para garantir a limpeza do proceso, pediron que xa que aínda non posible que o voto no exterior se faga en urna, a lo menos se adxunte coa papeleta algún tipo de identificación, ben a fotocopia do DNI ou do pasaporte.

Seica na Arxentina, onde está a maior colonia galega no exterior, hai bastante cabreo coa decisión da Xunta Electoral e se cadra por iso ao alcalde de Lugo, de xira esta semana pola quinta provincia galega, se lles escapou unha recomendación algo polémica. Animou a ir votar aínda con documentos caducados. Claro que o problema destas invitacións é que se corre o risco de que a papeleta dun acabe no lixo e xa se sabe que un voto ata pode chegar a decidir un presidente.

Tags: ,

3 Comentarios a “O voto lonxano”

  1. Pernambuco

    Os descendentes de galegos o que teñen que facer é escoller entre votar no seu país de nacemento, de vida e de traballo, ou optar por votar en España. Asi de sinxelo e asi de simple. ¿ Ou un descendente de galegos, casado cunha italiana vai votar en España, en Arxentina e mais en Italia? Un pouco de sentidiño neste asunto, sres. do PSOE e do PP.
    Visto o visto, nestas eleccións haberá un novo pucheirazo e os culpables serán os que nunca quixeron por orde neste asunto e que son os dous partidos con peso e interese en Madrid. Nesto, bailan da man o Sr. Feijoo e o sr. Touriño.

  2. sen ataduras

    Hai unha tendencia a relacionar a xuventude actual con apatía, non só pola política senón por todo tipo de movementos sociais que requiran pensar, mobilizarse ou protestar. Somos as veces considerados como unha xeración de desinteresados, incluso malcriados, nós non vivimos unha dictadura e parece que todo nos foi máis sinxelo. Non podo estar máis en desacordo, coñezo e detecto moito interese na xente xoven por involucrarse, ou polo menos interesarse polo que acontece no país. Non recordo moi ben cales foron as primeiras eleccións nas que puiden votar, penso que foi no 1997, pero recordo moi ben a ilusión que me fixo, considereino case un deber, se queres protestar e esixir, tes que participar, pensaba eu, e prometinme a min mesmo que eu votaría sempre, sen escusarme no clima, na resaca do día anterior (¡e daquela éranche boas!) ou na desilusión que cando pasan os anos e as sucesivas eleccións un vai acumulando porque todos prometen pero poucos cumpren. TODOS A VOTAR POR TOURIÑO PARA TER UN PRESIDENTE SEN ATADURAS, SEN IMPOSICIÓNS, SEN DOGMAS E SOBRE TODO QUE NON SEXA UN REFÉN DO BNG. .

  3. Isaiah Rizer

    It’s my opinion that a foreclosure can have a major effect on the applicant’s life. Home foreclosures can have a 7 to decade negative relation to a client’s credit report. A borrower who may have applied for a mortgage or almost any loans for instance, knows that a worse credit rating is, the more challenging it is to have a decent bank loan. In addition, it might affect a borrower’s chance to find a reasonable place to lease or hire, if that will become the alternative real estate solution. Great blog post.