A pelexa
Emilio Pérez Touriño prorrogou o luns de xeito indefinido as vacacións de Nadal dos deputados galegos logo de firmar o decreto de disolución do Parlamento. A maquinaria electoral dos partidos estaba en marcha desde hai meses e só quedaba anunciar a data dos comicios e mandar aos parlamentarios para casa á espera de que os seus respectivos partidos se decidan renovarlles o contrato catro anos máis. O presidente da Xunta elexiu finalmente o 1 de marzo como a data e onte disolveu o Parlamento, un xesto que copiou literalmente o lehendakari vasco, aínda que sen darlle tanta emoción ó desenvolvemento do proceso.
Galegos e vascos decidirán o futuro do seu país o primeiro domingo de marzo e a principal incógnita que se plantexa é saber se os actuais presidentes serán reelexidos. No caso de Juan José Ibarretxe, as enquisas din que o PSE vai ser o partido máis votado, aínda que o sistema electoral vasco, que prima o reparto provincial sobre o peso demográfico, seguramente axudará aos nacionalistas a repetir mandato, aínda que con menos marxe.
En Galicia a aposta vai ser a mesma que a de hai catro anos: bipartito ou PP. Calquera outra combinación carece de sentido político e ideolóxico e por iso neste pouco máis de mes e medio ata a cita electoral os tiros vanse cruzar entre estas dúas posicións. Algo de fogo amigo tamén vai haber, pero sen vítimas.
13 de Xaneiro , 2009 - 13:07 pm
Só unha aclaración, sr. Vidal: Nas eleccións vascas os resultados serán os que os seus cidadáns queiran, pero non estivo vostede atinado na explicación. Veamos: A Cámara vasca ten 75 deputados, repartidos por igual en 25 deputados por provincia. O PNV pode vencer, con certa claridade, en Gipúzkoa; en Bizkaia, pode ter unha lixeira maioría o PNV sobre o PSOE; en Alava, territorio máis castelán (por entendernos…), vencerá o PSOE con diferencia ao PNV. E, agora, imos co reparto: Bizaia, moi poboada, ten preto de 1 millón de votantes; Gipúzkoa, sobre 600.000 votantes; Alava, sobre 300.000 votantes. Din os inquéritos que o PNV pode vencer en votos ( uns 50.000 ou 60.000 por riba do PSOE ), pero quizáis non en diputados, dado que cada provincia ten 25 parlamentarios, a pesares da poboación de cada unha. E o PSOE, gañando en Alava con certa comodidade, pode empatar en deputados co PNV na Cámara Vasca, aínda que en votos sexa – posiblemente – o segundo partido vasco.
Saúdos e bos días.
18 de Xaneiro , 2009 - 21:38 pm
Ten vostede toda a razón. O PNV seguramente seguirá a ser o partido máis votado o 1-M e será logo o máis perxudicado polo singular sistema vasco, que fai que o voto dun alavés valga o mesmo que o de tres vizcaínos. De todos os xeitos así o decidiron os vascos cando aprobaron o seu estatuto. Eles nunca se laian do seu sistema. Ogallá Lugo e Ourense tivesen tanto peso como A Coruña e Pontevedra no reparto de escanos.
Un saúdo.
1 de Maio , 2011 - 15:20 pm
I’ve learned quite a few important things by means of your post. I might also like to express that there may be a situation that you will apply for a loan and do not need a co-signer such as a Federal government Student Aid Loan. But if you are getting a borrowing arrangement through a common lender then you need to be willing to have a cosigner ready to assist you to. The lenders may base their very own decision on the few aspects but the biggest will be your credit history. There are some creditors that will likewise look at your work history and determine based on that but in many cases it will depend on your credit score.
1 de Maio , 2011 - 17:50 pm
I dugg your article. Thanks a lot for your site!
5 de Maio , 2011 - 14:01 pm
Thanks for your post. I’d like to comment that the cost of car insurance will vary from one coverage to another, for the reason that there are so many different facets which give rise to the overall cost. As an example, the make and model of the motor vehicle will have a tremendous bearing on the charge. A reliable outdated family auto will have a more affordable premium than a flashy sports car.
5 de Maio , 2011 - 18:27 pm
Thanks for writing this. I really feel as though I know so much more about this than I did before. Your blog really brought some things to light that I never would have thought about before reading it. You should continue this, Im sure most people would agree youve got a gift.
9 de Setembro , 2011 - 7:35 am
Machine scrubbing is more typical, in that hand scrubbing generally cleans only the top third of carpet