Volume brutal
Corrían os anos oitenta e polas miñas orellas, ao igual que polas de moitos adolescentes, só entraba música heavy metal. Aquela revolución musical que comezara na década anterior e que hoxe en día mantén aínda certa parroquia era vista polo resto da sociedade como unha tortura, sobre todo polo alto grao de decibelios que derrochaban os intérpretes.
Tiveron que pasar case trinta anos para que os torturadores estadounidenses se decatasen de que ‘AC-DC’ ou ‘Metallica’ poderían servirlles para atormentar aos presos dese templo da indignidade que é Guantánamo.
Pero é que para esta tortura chamada psicolóxica e con efectos se cadra máis graves que a física, os carceleiros usaban mesmo música de programas infantís de televisión como ‘Barrio Sésamo’ ou das divas do pop como Britney Spears e Christina Aguilera. Seguro que a moitos lles parecerá unha broma sen non fora porque os testemuños dos presos que sofriron estas prácticas recoñecen que é moi difícil prepararse para unha tortura psicolóxica.
Agora algúns dos grupos cuxa música foi usada nese cárcere estadounidense están a promover minutos de silencio nos seus concertos para denunciar esta tortura. Esperemos que Obama cumpla o prometido e que única música que nos sone cando se fale de Guantánamo sexa aquela fermosa guajira guantanamera que cantan os cubanos.
9 de Setembro , 2011 - 23:22 pm
iveron que pasar case trinta anos para que os torturadores estadounidenses se decatasen de que ‘AC-DC’ ou ‘Metallica’ poderían servirlles para atormentar aos presos dese templo da indignidade que é Guantánamo.
Ci