Salvados
Salvados por Quintana; é o que pensa o PP de Lugo sobre a trunfo de José López Orozco e o seu equipo de goberno na cuestión de confianza votada o luns. Porque non se entende un cambio de postura do BNG nunha semana sobre un proxecto orzamentario municipal ao que non se lle cambiou nin unha coma, como apostila o popular Joaquín García Díez.
A negociación entre bambalinas parece que funciona mellor que a escenificada con luz e taquígrafos e xa se augura un cambio de talante entre o alcalde e os dirixentes nacionalistas da Xunta, que podería oficializarse coa entrada do Concello de Lugo no antes denostado Consorcio de Servizos Sociais.
Pero se hai que sacar conclusións da minicrisis que viviu a vida municipal lucense habería que destacar primeiro o golpe de efecto logrado por López Orozco cara ao seu partido e o resto de alcaldes socialistas que se senten incómodos cogobernando con edís nacionalistas. Claro que abusar da fórmula da cuestión de confianza podería provocar que un día a escopeta se volva contra o cazador. Ao PP tampouco lle foi mal, pois a pesar das dúbidas iniciais sobre a posición a adoptar acabou afianzando o seu papel de alternativa a Orozco. E sobre o BNG de Lugo, pois como favor, habería que facer como os seus catro edís, absterse… de facer comentarios.

Tags: BNG, García Díez, Orozco
16 de Novembro , 2008 - 23:32 pm
Todo esto seria simpatico, Bao votando có PP no concello e có Psoe na Deputación, Concepción Burgo votando có Bng no Parlamento Galego e contra dó BNG no Concello . Calquera cousa pode pasar en política, porque xa di o dito ” a política fain o maillor enemigo compañeiro de cama”. Niste caso parece que se puxo algo de sentidiño,a algún meterono nún bó apuro, poís a parella dalgún político xa lle advertira – corniños SI que consinto, pero non con calqueira-
1 de Maio , 2011 - 12:51 pm
Thanks for expressing your ideas. Something is that scholars have a choice between federal student loan plus a private student loan where it truly is easier to go for student loan debt consolidation loan than with the federal education loan.
6 de Xuño , 2011 - 5:02 am
We absolutely love your blog and find the majority of your post’s to be what precisely I’m looking for. Would you offer guest writers to write content for you personally? I wouldn’t mind writing a post or elaborating on a number of the subjects you write in relation to here. Again, awesome weblog!