Alto, Garda Civil
Toca falar da Garda Civil. Non porque se celebrase o domingo o día da súa patrona, senón porque é unha petición do xefe da comandancia de Lugo, e aínda que os uniformes e galóns non nos intimidan aos que non fixemos mili, o bo rollo que hai entre os corpos de seguridade e os medios de comunicación invita a facelo.
Persoalmente teño que dicir que na miña casa nunca se lle tivo moita estima a eses homes vestidos de verde aceituna e encerado tricornio. As historias que escoitaba de cativo sobre xefes de posto torturadores e números larpeiros que se surtían nas lacenas das casas de aldea co pacto tácito de non complicárllela vida aos paisanos fixeron que me crease unha imaxe inquedante deses axentes da lei que o fallido golpe do 23-F só axudou a intensificar.
Logo nos anos da adolescencia o feito de chegar a facer migas con fillos de gardas civís e mesmo a ter amigos no corpo axudáronme a entender que ovellas negras hainas en todas as profesións e que as institucións non son as culpabeis dos seus actos indignos senón só os que os ordenan.
Pero despois de máis de tres décadas de democracia e enterrado xa o estigma da utilización polo franquismo da Garda Civil como un instrumento máis de represión, nun día coma o de hoxe compre analizar a labor actual dun corpo que en provincias como Lugo ten que adaptarse ás moitas eivas que existen en comunicacións ou servizos sociais, mentres atende a unha poboación avellentada e que demanda unha actuación rápida. Para iso conta cunha plantilla dun milleiro de efectivos, que se distribúen en medio cento de cuarteis repartidos pola provincia, aínda que as asociacións de gardas civís -xa que a sindicación é ilegal- consideran insuficientes para cubrir todo este territorio.
A loita contra a delincuencia, a protección do entorno natural ou a regulación do tráfico son parte das súas encomendas, aínda que esta última tarefa está a ser reclamada polos nacionalistas para unha Policía Autonómica de Galicia, guiados polo feito de que a Agrupación de Tráfico da Garda Civil é a única que xenera beneficios, e en tempos coma estes non viría mal que as arcas da Xunta se quedasen co belisco das multas.
Agora ben, á marxe destes debates e doutros como a necesidade de desmilitarizar esta histórica institución con máis de 160 anos de vida, o certo é que arestora a Garda Civil é se cadra o corpo de seguridade con maior grao de mobilidade e o que mellor coñece as singularidades dunha provincia rural como a lucense. Que logo haxa a quen o tricornio lle xenera desacougo, pois entendémolo, pero xa se sabe que o hábito non fai ao monxe.
13 de Outubro , 2008 - 22:52 pm
Por suposto que a guarda civil xá non fai esa cousas que facia antes…non que vá. Tu tranquilo que a ti ainda no 36 seguro que non te facian mal ningun, mais ben ao contrario.
viva la guardia civil….. mas por favor, que sexa lonxe de min.
14 de Outubro , 2008 - 0:20 am
os tempos cambian, e as sociedades,e o entorno politico…manuela quizas prefira vivir rodeada de albano-kosovares, ou xitanos rumanos..como di meu avo: “as cabras sempre tiran cara o monte..”