As contas non saen

Agora que todos, mesmo os máis teimudos, temos asumido que estamos en crise e que a desaceleración vaise transformado en recesión toca facer contas de cara ao vindeiro ano e nas administracións xa están a ver que o aviso feito polo ministro Pedro Solbes chamando á contención do gasto vai a poñer en serios apretos a moitos. Os máis perxudicados desde logo que van ser os concellos, sobre todo os grandes, e por iso algúns alcaldes como o socialista de Zaragoza, asfixiado pola factura que lle está a supoñer a Exposición Universal, ata fan piña con outras grandes cidades para non verse en perigo de bancarrota.
O rexedor lugués, cunha actitude máis moderada ca do seu compañeiro aragonés, xa manifestou que sería unha inxustiza que os concellos pagasen o pato da crise, pero o caso é que o ministro considera que algúns alcaldes, como pode ser o de Madrid, metéronse en obras demasiado ambiciosas que non teñen por que pagar o resto dos españois.
O certo é que a administración local viviu unha época de vacas gordas ao abeiro do ‘boom’ inmobiliario. Os impostos por licencias de edificación ou a venda de aproveitamentos urbanísticos axudaron nalgúns casos a sanear as contas e noutros a aumentar o gasto en políticas sociais, en persoal ou en grandes obras desas que axudan a gañar eleccións. Pero agora que veñen os recortes, as alarmas xa empezaron a sonar e mesmo algún concello como Mondoñedo tivo este verán problemas de liquidez para abonarlles as nóminas aos seus funcionarios.
Pero aínda que o Ministerio de Economía non anda descamiñado cando lles mete o medo no corpo a algúns alcaldes manirrotos, ocorre tamén que está aínda pendente de resolver o problema da falta dun sistema de financiamento dos concellos, que nalgúns casos están a asumir as eivas en áreas como os servizos sociais que deixan as administracións autonómicas e a estatal. Claro que para facer este reparto de fondos haberá que ter en conta as características de cada municipio, ao igual que se fai á hora de negociar o financiamento autonómico. Cuestións como idade media, renta per cápita ou infraestruturas existentes deben ser tidas en conta para garantir a igualdade, a lo menos en servizos básicos, dun veciño de Carabanchel e doutro de Seoane do Courel. Deso se trata o estado do benestar.

Tags: , ,

Un comentario a “As contas non saen”

  1. EAUDETE

    Los ciudadanos de a pie podemos llegar a creer que los cerdos vuelan e incluso,en un calenton,los podemos ver volar.Los ayuntamientos,con personal cualificado y tecnicos expertos asi como otras instituciones de ambito nacional deben tener clarisimo que este fenomeno es imposible.