Parque natural dos Ancares

Tiña só 14 anos cando na compaña de dous amigos nos aventuramos a pasar unha semana de verán percorrendo a pé os picos dos Ancares. Daquela as referencias que tiña sobre o que está considerado un dos ecosistemas mellor conservados de Europa non pasaban do lido en libros sobre unha forma de vida en pallozas que se asemellaba á dos antiguos moradores dos castros. Pero unha vez alí descubrimos ata que punto a natureza ten agochadas sorpresas para os sentidos e como aquela experiencia vital acaba por facerlle a un comprender a importancia de preservar estes espazos onde debe ser o home quen se adapte ao entorno sen tentar transformalo.
Agora un anuncio da Consellería de Medio Ambiente para convertir estes montes en parque natural levantou as protestas dalgúns veciños, que ven unha ameaza nas medidas proteccionistas que traerá a catalogación. Os máis alarmistas falan de que a especie en extinción acabará sendo o ser humano e nunha reunión celebrada en Navia de Suarna unha avogada asegurou que non haberá compensacións para os propietarios afectados nin subvencións. Por contra, o conselleiro de Medio Ambiente prometeu que a medida virá acompañada dun investimento importante para mellorar as condicións de vida dos habitantes e dixo que a declaración como parque natural suporá un alicerce para o desenvolvemento económico dos veciños dos Ancares.
Pero se uns e outros se cren en posesión da verdade, como soe pasar en todas as polémicas, resulta chamativo o argumento dalgúns voceiros veciñais que plantexan que o proxecto de preservar este espazo só debe ser decidido se o aceptan os seus habitantes, explicando que Os Ancares non son de todos os galegos, senón dos poboadores de Cervantes e Navia. Vamos que se por exemplo os lucenses deciden en asamblea derrubar a muralla para facer dous carrís máis na Ronda o resto do mundo deberían aceptalo porque aínda que é Patrimonio da Humanidade, os auténticos propietarios son os veciños de Lugo.
Ao final seguramente se imporá a razón e Os Ancares serán algún día parque natural e se cadra co tempo se convirta no segundo parque nacional de Galicia, xunto co das Illas Atlánticas. E tamén pode que eses que hoxendía se lamentan do que poden perder co proxecto acaben reconvertidos en empresarios aproveitando o tirón turístico que supón unha declaración deste tipo. Eso si, a polémica fíxome acordarme daquela apaixoante aventura de adolescente e facerme anotar na axenda unha próxima escapada ata eses montes nos que descubrín a beleza creativa da natureza.

Tags: , , , ,

7 Comentarios a “Parque natural dos Ancares”

  1. Toxedo

    Pareceme dunha enorme falta de respeto hacia as persoas que vivimos nos Ancares todo o tema do parque natural. Os Ancares son o que son gracias a que todos os veciños dende tempos inmemoriables ata hoxe respetaron o que lles daba de comer é dicir a natureza que os arrodeaba.
    É moi triste que un tipo(o delegado de medio ambiente), nos aparezca pola zona vendendonos que o parque sexa a mediciña para todos os nosos males, e nos diga “non haberá parque si os veciños non o queren” pois ben os veciños falamos e xa o dixemos. Patético me resulta que a xente que vive en Santiago, Lugo, A Coruña etc.., estén a favor do parque natural, eu preguntome si as suas casas se podian declarar patrimonio da humanidade, eu cando vou a Lugo ou a Pontevedra teño que pagar unha pensión, si declaramolas vivendas de utilidade pública podería pernoctar sin pagar un centimo. Si neste pais a constitución nos ampara a todos, primeiramente no meu mando eu e iso debe ser respetado, nas miñas propiedades, nos meus animais mando eu e non a figura dun director do parque posto a dedo por sabe deus quen que gobernará as terras dos Ancares con mais poder có alcalde votado por nós. A historia do sheriff de Nothingan na lenda de Robin Hood é perfectamente adaptable a isto, un señor que goberna todas as propiedades e que mediante leis absurdas se dedica a fastidiar aos viláns.
    Somos reserva da biosfera, somos rede natura, algúen nos preguntou si queriamos selo, a alguén lle importa saber que nos Ancares vive xente cun modo de vida que fixo posible que os Ancares sexan o que son, verdadeiramente é moi triste moi triste pensar que nós que respetamos o noso entorno dende sempre nos quedemos á marxe de todo unha vez feito, sin voz nin boto.
    Eu antes da rede natura 2000, podia ir a miña finca e cortar leña, porque eu na miña finca sei que madeira podo cortar, porque non son imbecil nin ignorante e non necesito que ningún listo me diga cal teño que cortar, porque si quero que a finca me produzca eu son o principal interesado en facer as cousas ben, pois agora coa rede natura, teño que pedir un permiso a un funcionario para poder cortar leña que é da miña propiedade porque, meus avós, meus pais e mais eu agora ,fixemos que esa propiedade fora o que é. Pois eso pasa en toda a comarca, quen millor ca nós para gobernar o que é noso.
    Nalgúns parques que afectan a propiedades privadas os propietarios non están moi dacordo cas leis do parque no cal lles toca vivir. Hai veciños nos Ancares que lles prometeron un posto de vixiante no parque, señores temos casos de enchufismo público nunha cousa que non está legalmente feita, pero de que vamos, estanse a poñer a dedo a persoas dos Ancares para postos de traballo para que estas persoas estén a favor da creación do parque, e que é moi forte.
    Dame igual quen goberne na Xunta si PSOE,PP ou BNG, pero é moi triste que se estea xogando co futuro dunha zona, Os Ancares que viviu olvidada da man da administración e do seu desenrolo, e agora cando a administración se xira hacia ela sea para darlle a puntilla.
    Como veciño dos Ancares pido a administración pública que me respete como cidadán, que respecte a miña propiedade, no meu mando eu e non son imbécil, eu sei autoxestionarme, pidolle a administración que me dote cos servizos e infraestructuras necesarios para poder ter calidade de vida, sempre respetando o meu entorno, eu non me opoño a que haxa lobos, osos, urogalos etc, pero son un ser humán e teño dereitos, respeten os meus dereitos, aos Ancares pode vir quen quere no momento que quere, non nos eriximos como comarca independente, pero si que queremos ser autónomos na nosa vida e poder elixir como queremos desenrolarnos, sempre contando coa administración de turno. Que empeño teñen as administracións en querer facer o parque ¿por que?, xa para rematar, que a administración mellore a calidade de vida da xente dos Ancares e se deixe de proxectos sin futuro para unha zona que con parque ou sen parque acabará esmorecendo en duas decadas, o parque non é a salvación para nós todo o contrario se os veciños non temos o poder todo quedará enterrado pra sempre.

  2. SEito

    Que pra coratr una arbore hai que pedir permiso , e tan certo e pasa tan preto de Lugo , que o que di TOXEDO e unha verdade mais grande que as que se poidan agochar nas intencios dos Creadores do Parque Natural . En Asturias teñen experiencia en ese tema , e o mellor , unha viaxe dos veciños falar co as xentes que pasaron ali por lo mesmo trance , axudaria moito .hai poucos días , a “Nueva españa” Periódico Asturiano , falaba do contentos que estaban .
    O que non pode ser , e a extension do uso Publico , que dende a Cidadee se lle quere dar a Aldea , metendo dentro da palabra , tanto os Agros coma os Montes .
    O que e d´un e d ún e se non que poñan portas abertas os defensores de tal “idea” os seus Pisos , Coches ,etc . Multipropiedade pra to@s .
    Animo as xentes que saben de ecoloxia mais que os ecoloxistas , porque estes ultimos , inventaron a sua profesion en base o traballo de xeracios de Labreg@s .

  3. edita

    se me olvidava sñr J.C.Vidal:
    que yo sepa la muralla no es una propiedad privada, como nuestras tierras.Y las casas que estaban pegadas a ella fueron indemnizadas por tener que ser derribadas.
    Así que no nos sirve su comparación, sin sentido.

  4. XANTON

    http://parqueancares.blogspot.com/
    Muy bueno

  5. Wilhemina Moldenhauer

    One important issue is that when you find yourself searching for a education loan you may find that you’ll need a cosigner. There are many cases where this is true because you will find that you do not use a past credit standing so the mortgage lender will require that you’ve someone cosign the financial loan for you. Good post.

  6. Fredric Murwin

    I would also like to convey that most people that find themselves without having health insurance are normally students, self-employed and those that are not working. More than half of the uninsured are really under the age of Thirty five. They do not think they are wanting health insurance as they are young and also healthy. Their particular income is normally spent on real estate, food, as well as entertainment. Many people that do represent the working class either complete or part-time are not supplied insurance via their jobs so they proceed without with the rising tariff of health insurance in the usa. Thanks for the suggestions you discuss through this blog.

  7. Dentist Gold Coast

    Where by have you found the resource for this valuable write-up? Magnificent reading through I have subscribed for your site feed.