O calote

Xa me gustaban máis os coches do que me gustan. Serán cousas da idade, pero ese é o comentario que fago cada vez que alguén me fala sobre o último modelo multiválvula ou common-rail. O caso é que as familias españolas gastan unha media de 610 euros ao ano en pagos pola compra dun coche novo, segundo os datos dunha enquisa do Ine correspondente a 2013, e aínda que esta cifra se reduciu en máis de 300 euros con respecto a 2012 -debido ás prioridades que marca a crise-, aínda estamos a falar dunha cantidade importante do orzamento para un capítulo no que moitas veces manda máis o capricho que a razón.

E aínda que sexa unha cuestión de gustos o tipo de modelo no que nos decidimos a meter os aforros, o que menos pensa un é que despois de pasar uns seis meses visitando concesionarios -porque esa é a media que din que se tarda en facer a compra desde que se comezou a argallala- nos metesen gato por lebre logo de firmar letras e deixar a conta corrente tremendo. Os directivos de Volkswagen aínda están facendo contas do número de vehículos nos que trucaron motores para enganar aos clientes e, sobre todo, ás administracións que subvencionan a eficiencia enerxética, pero estaría ben que xa se empezase a informar directamente aos timados e, sobre todo, se inspeccionara ao resto de marcas, porque dáme a espiña que o calote é xeralizado nun sector que move tanto carto.

Cae antes o mentiroso...

Tags: , ,

Comments are closed.