Archivo de Setembro, 2013
Memoria
Mércores, 18 de Setembro, 2013O membro do Poum José Ramos dicíalle ao alcalde republicano de Lugo, José Lamas, nunha carta pouco antes de morrer fusilado: «Cando poidades, facédenos xustiza». Recordar aos que morreron por non querer mudar de ideais debería de ser o mínimo acto de homenaxe que lle pode facer unha provincia ás máis de 8.000 persoas que padeceron a represión posterior ao golpe militar de Franco de 1936, por moi lonxe que se nos antollen aqueles anos do século pasado.
En Xapón recordan cada ano con badaladas ás vítimas das bombas de Hiroshima e Nagasaki, o mesmo que fan os xudeos de todo o mundo cos asasinados polos nazis cada Yom Hasoá ou Día do Holocausto.
En Lugo hay unha asignatura pendente con todos os que perderon a vida naquel conflito fratricida, dun e outro bando, e cos que, ao acabar como perdedores, tiveron que sufrir a represión, o exilio ou a submisión durante catro duras décadas. Os únicos homenaxeados durante anos foron os caídos nas filas gañadoras, e por iso, malia que a algúns lles soe antediluviano e outros falten ao respecto dicindo que «algo farían», unha declaración institucional para non esquecer a todos aqueles lugueses represaliados por parte dunha entidade que moitos tamén ven anacrónica como é a Deputación ben podería ser ese acto de xustiza que pedía Ramos. E non facelo só nos convertería nuns desmemoriados.
Educar
Mércores, 11 de Setembro, 2013Ver como un bulebule de metro e medio se colga dunha árbore no medio do céspede de Campo Castelo e diante a permisiva ollada de proxenitores e paseantes —a do que asina tamén— só demostra unha cousa, que neste país non fai falta unha lei de calidade da educación, senón un programa de reeducación xeral dos maiores. Porque malia que o rapaz só amosaba ese instinto que nos conecta co antepasado primate, a indolencia colectiva dos que o mirabamos dá unha idea do lonxe que está a nosa marca España dos comportamentos que se lles transmiten aos cativos máis alá dos Perineos.
Contábanme hai días como en Suíza os máis meniños ían sós polas rúas cara os centros escolares con cadanseu chaleco reflectante mentres seus pais ficaban tranquilos sabendo que ían cruzar por pasos de peóns que os condutores respectan escrupulosamente. En cambio, por estes pagos voltaremos a ver a partires de hoxe caravanas de estresados proxenitores braceando ao volante para pedirlle paso aos que paran diante dos colexios a descargar tamén as crianzas, mentres o resto de peóns cruza a rúa por onde lle peta.
Por iso defendo que a Educación para a Cidadanía no só debe ser unha materia obrigatoria para os rapaces, senón tamén para os pais, porque, frente ao que propoñía Pitágoras, creo que mellor sería educar ao homes para non ter que castigar aos nenos.
En tránsito
Mércores, 4 de Setembro, 2013La imagen de un ciudadano delante del concello de Lugo, megáfono en mano y acusando de todos sus males al portavoz del PP se repite a cada convocatoria de pleno y bien podría ser la metáfora de un país en el que miles de personas claman en el desierto contra ya no se sabe quién ni qué. A los políticos les va en el sueldo estas molestas compañías, aunque la raya que divide el pataleo del acoso sea difícil de definir. Aun así, me quedo con una sociedad en la que las quejas contra lo público puedan ser trasladadas no solo a través de un formulario oficial, sino también in voce —dentro de los decibelios permitidos, eso sí— ante quienes les representan.
El comienzo del curso político augura nuevas movilizaciones colectivas e individuales, porque el ciudadano sigue sin acostumbrarse a esa devaluación de la dignidad que había ido atesorando a base de esfuerzo y tesón. La protesta es el único derecho que aún no se ha recortado, aunque su efectividad sea cada vez menor a medida que aumenta la desesperanza.
Septiembre es un mes de tránsito hacia otro otoño incierto en el que nadie quiere aventurar si será el último en el fondo del pozo. El Ibex, la prima de riesgo, las cifras del paro ya no nos sirven de barómetro que anuncie brotes verdes y solo los colores del cielo en el crepúsculo, sentados al calor de un banco de piedra, nos ofrecen el único mensaje de serenidad que se otea en el horizonte.