Sueldazos
Mércores, 20 de Xuño, 2012Unha das razóns que máis nos incitan a aborrecer o sistema é a disparatada diferenza salarial entre algúns profesionais, que chega a provocar situacións de indignación sobre todo cando falamos do sector público. Porque aínda que o esforzo, o enxeño, a destreza ou a capacidade de sortear situacións complicadas debe merecer o premio, resulta inquietante comprobar ata que punto se pode chegar a primar a xestores que no exercicio da súa incapacidade levaron á zozobra as naves que pilotaron.
O exemplo máis claro da política de soldazos que deixou a época das vacas gordas foron os mangantes -perdón, magnates-, da banca, aínda que estes MBA de traxe de seda e zapato castelán non son os únicos que o levaron quente a casa. Así, os conselleiros e altos directivos das empresas do Ibex obtiveron en 2011 unha remuneración media de 1.070.000 euros, en tanto que o gasto medio por empregado nesas mesmas firmas ascendeu a 43.353 euros, polo que por cada euro que gañou o traballador, o executivo embolsouse 28,34. E iso que a inmensa maioría de empresas, con excepción do emporio de Amancio Ortega, acumularon perdas de escándalo nos últimos anos.
Dise que os españois vivimos durante a década anterior por encima das nosas posibilidades, aínda que está claro que algúns bastante máis que o resto.