Archivo de Xuño, 2011

Pactos

Sábado, 25 de Xuño, 2011
Cada vez que toca falar de pactos para a constitución de gobernos saen á palestra gañadores sen maioría indignados por verse apartados do poder por mor de acordos que non dubidan en cualificar como «contra natura», a pesar de que eles farían o mesmo en caso de ter a oportunidade.
Un claro exemplo de como estas Utes gobernamentais son xa un clásico da política española e europea é o caso de Canarias, onde a habilidade de Paulino Rivero vaille a permitir revalidar a presidencia da súa comunidade. Porque se fai catro anos o político nacionalista pactaba cos populares para impedir que gobernase o PSOE, que fora o partido máis votado, agora acábase de aliar cos socialistas para evitar que o PP, que foi a primeira forza no 22-M, lidere o novo goberno canario.
E por iso os queixumes oídos estes días a Feijóo e aos seus candidatos, nos que se apela ao que pide a cidadanía para desacreditar os pactos entre BNG e PSOE, serían cribles se viñesen dun partido que non practicase esa mesma política cando lle interesa. Porque os gobernos non son mellores ou peores por ser monocolores, bicolores ou ata tricolores, senón pola xestión de os que os dirixen, e iso examínase cada catro anos e non ao día seguinte dunhas eleccións.
 

El mosén

Mércores, 15 de Xuño, 2011
Estráname que o Bispado de Ourense se opoña á participación en política dun dos seus subordinados, o cura Antonio Fernández Blanco, que acaba de ser elixido concelleiro do PSOE na Gudiña, porque se hai algo que fixo a Igrexa ao longo da súa historia é influír nos gobernos e ata detentar cargos públicos. E aínda que o Dereito Canónico aplicado ao extremo prohibe o acceso ao poder civil dos servos de Deus, déronse e danse exemplos de membros do clero que ocupan concellerías ou alcaldías coa autorización expresa do seu bispo.
Claro que o problema do cura ourensán é terse decantado por un partido co que a elite eclesiástica só quere falar cando se trata de repartir fondos do Concordato co Vaticano e que se dedica a aprobar leis que atentan contra a doutrina ultracatolica que intentan impoñer en todo o negociado.
Por tanto, a Fernández Blanco o que lle queda é acatar ordes ou emular a Lluís María Xirinacs, que colgou os hábitos para combater as inxustizas desde a tribuna da Cámara Alta, na cal só chegou a ser interrompido durante a Transición polas flatulencias do entón senador Camilo José Cela, quen tras a sonora descarga lle espetou aquela famosa frase: «Prosiga mosén, prosiga».

Invasores

Venres, 10 de Xuño, 2011

En el movimiento de los indignados me falta otra pata de la mesa castigada por el sistema en crisis. No los encuentro ni leo alusiones en las ingeniosas pancartas a los cientos de miles de personas llegadas desde otros países en busca de futuro y que han sido los primeros perjudicados en ese Ere a la concertación social que supone la destrucción de empleo. Lo que sí veo en este contexto, con una cuarta parte de la población activa en paro, es como aflora el discurso xenófobo entre tanta inacción gubernamental y las elecciones municipales han sido un campo de maniobras perfecto para tanto visionario de la política de exclusión. Cataluña, con una de las tasas de inmigración más altas de España, es el caldo de cultivo para estos aprendices de ’neocon’, que creen que un fenómeno estructural como es el desempleo se resuelve a golpe de repatriaciones. Si CiU no lo impide, Badalona tendrá un alcalde del PP que no le hace ascos a un ideario del que ha hecho bandera una formación emergente, Plataforma per Catalunya, cuyo líder define la inmigración como la “invasión silenciosa”. Si yo fuera uno de esos ‘invasores’ me indignaría saber que los que creía vecinos quieren ahora darme puerta sólo porque su frágil estado del bienestar se tambalea, principalmente, por su incapacidad.

Sin City

Mércores, 1 de Xuño, 2011
Será que o estar rodeado de murallas acabounos por reducir a un oasis nese deserto no que se está convertendo a Galicia interior, pero o descoñecemento que se ten da capital lucense no exterior podería alarmarnos aos que a habitamos se non fose porque temos asumido que se algún día a administración decide borrarnos do seu mapa, sobreviviriamos durante anos cultivando hortos urbanos e bebendo os augardentes acumulados no moble bar.
Só a crónica xudicial parece espertar o interese allende as nosas fronteiras, aínda que é tal a lea que montaron desde o terceiro poder que cando un trata de explicar ao forasteiro que a un tempo están procesados proxenetas, políticos, médicos, policías ou empresarios acusados de saltarse un centenar de artigos do código penal, a medida que se vai relatando un comeza a quitarlle ferro ao asunto para non converter á vella Lucus Augusti na Sin City (cidade do pecado) galega do século XXI. Porque no fondo case prefiro que Lugo sexa vista desde fóra como unha cidade que cheira a vaca, que só sae en televisión cando neva, onde os mozos provocan baixadas de tensión ás mozas por falar galego e onde manda máis o bispo e o presidente do Círculo que o alcalde ou o subdelegado.